Oliver Twist é un filme británico dirixido por Roman Polanski que se estreou no 2005. O guión escrito por Ronald Harwood está baseado na novela de 1838 Oliver Twist de Charles Dickens. Estreouse en galego na TVG o 29 de decembro de 2007.

Sinopse Os nenos dun orfanato pasan tanta fame que, desesperados, deciden que un deles fale do asunto ó director. O elixido é Oliver Twist, que será expulsado do centro e ofrecido como aprendiz a quen o queira contratar. Despois de limpar chemineas e traballar como axudante dun enterrador, Oliver escápase e chega a Londres. Nas aforas da cidade, canso e esfameado, coñece a Artful Dodger, que lle ofrece aloxamento. Dende entón verase obrigado a traballar para o malvado Fagin que dirixe unha banda de rapaces carteiristas.

Personaxes Ben Kingsley como Fagin Barney Clark como Oliver Twist Jamie Foreman como Bill Sikes Harry Eden como Artful Dodger Leanne Rowe como Nancy Mark Strong como Toby Crackit Edward Hardwicke como Mr. Brownlow Frances Cuka como Mrs. Bedwin Lewis Chasec como Charley Bates Michael Heath como Mr. Sowerberry Gillian Hanna como Mrs. Sowerberry Chris Overton como Noah Claypole Paul Brooke como Mr. Grimwig Ian McNeice como Mr. Limbkins Liz Smith como Muller Vella Patrick Godfrey como Libreiro Alun Armstrong como Maxistrado Fang

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Web Oficial Ficha e Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Rachel Portman Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego