A Filmoteca de Galicia, anteriormente chamada Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), é unha institución que desenvolve as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía. Foi creada por decreto o 5 de outubro de 1989 pola Xunta de Galicia e inaugurada o 15 de marzo de 1991. Ten a súa sede na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña.

Funcións A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego. A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe. A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galiza e no exterior. A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.

Véxase tamén

Outros artigos Casa da Cultura Salvador de Madariaga Ligazóns externas Filmoteca de Galicia

Categoría:Organismos da Xunta de Galicia Categoría:A Coruña Categoría:Audiovisual galego