Constantine é un filme estadounidense de temática sobrenatural dirixido Francis Lawrence e protagonizado por Keanu Reeves e Rachel Weisz que se estreou no 2005. O filme baséase no libro de banda deseñada Hellblazer. Estreouse en galego na TVG o 30 de maio de 2010.
Sinopse John Constantine (Keanu Reeves) estivo no inferno e regresou. Nado cun don que non desexaba, a capacidade de recoñecer claramente ós anxos e ós demos híbridos que andan pola terra baixo un aspecto humano, Constantine vese empurrado a quitarse a vida para fuxir das súas atormentadoras visións. Porén, en contra da súa vontade resucitou e atópase de novo no mundo dos vivos; aínda que debido o seu intento de suicidio está condenado a ir ó inferno segundo a relixión católica. A partir dese intre, patrulla a fronteira terreal entre o ceo e o inferno, agardando en van gañar a salvación enviando ós esbirros do diaño de volta ás profundidades. Pero Constantine non é ningún santo. Desilusionado polo mundo que o rodea e enfrontado co máis aló, é un heroe amargado que fuma en exceso, leva unha vida dura e despreza a idea do heroísmo. Cando unha desesperada pero escéptica detective de policía (Rachel Weisz) consegue a súa axuda para resolver a misteriosa morte da súa querida irmá xemelga, a súa investigación lévaos a través do mundo dos demos que está baixo Os Ánxeles.
Personaxes Keanu Reeves como John Constantine Rachel Weisz como Detective Angela Dodson e Isabel Dodson Shia LaBeouf como Chas Kramer Djimon Hounsou como Papa Medianoite Pruitt Taylor Vince como Padre Hennessy Gavin Rossdale como Balthazar Tilda Swinton como Arcanxo Gabriel Peter Stormare como Lucifer Max Baker como Beeman
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Lawrence Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes de terror relixioso Categoría:Filmes sobre anxos Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego