Advanced Satellite Launch Vehicle, tamén coñecido polo seu acrónimo ASLV, foi un lanzador orbital indio de catro etapas e propulsado por propelente sólido.
Características O foguete foi deseñado a mediados dos anos 1980 pola Organización India de Investigación Espacial (ISRO, polo seu acrónimo en inglés).
Tres fallos sucesivos e un único éxito fixeron entrar o proxecto do ASLV en crise, sendo abandonado tralo último lanzamento (o único exitoso), en 1994.
Historial de lanzamentos
Versión Data de lanzamento Sitio de lanzamento Rampla de lanzamento Carga Estado da misión 3 D1 24 de marzo de 1987Centro Espacial Satish Dhawan, Sriharikota 1 SROSS A Fallo da primeira etapa ao non acenderse despois da combustión dos aceleradores sólidos. 3 D2 12 de xullo de 1988Centro Espacial Satish Dhawan, Sriharikota1 SROSS-B Fallo, insuficiente control de ganancia.3 D3 20 de maio de 1992 Centro Espacial Satish Dhawan, Sriharikota 1 SROSS-C Éxito parcial.3 D4 4 de maio de 1994 Centro Espacial Satish Dhawan, Sriharikota 1 SROSS-C2 Éxito.
Notas
Categoría:Foguetes espaciais