Nicolás Taboada Leal, nado en Viveiro en 1798 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1883 foi un médico, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada 2005 en DVD, artigo Taboada Leal, Nicolás. Traxectoria Estudou Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela. Establecido en Vigo, en 1828 foi nomeado médico do hospital da Caridade. Foi o primeiro médico que diagnosticou un caso de cólera en España en 1853 e un dos impulsores, xunto con Velázquez Moreno, da instalación dun lazareto na illa de San Simón, na ría de Vigo.

miniatura|esquerda|Placa da rúa adicada en Vigo. page=5|miniatura|dereita|Íntegro en pdf: Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores. Recoñecementos

O 3 de abril de 1909 o concello deulle o seu nome a unha rúa da cidade.

En 1924 os seus restos mortais foron levados ao cemiterio de Pereiró.

Vida persoal

Foi pai de Nicolás Taboada Fernández (1856-1899), poeta, periodista e cronista de Vigo.

Obra bibliográfica Canto épico al exaltado patriotismo.Canto épico al exaltado patriotismo en Galiciana. Biblioteca de Galicia Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores, 1840. Informe sobre el cólera-morbo asiático, 1848.Informe sobre el cólera-morbo asiático en Galiciana. Hidrología médica de Galicia: ó sea noticia de las aguas minero-medicinales de las cuatro provincias de este antiguo reino, 1877.Rodríguez Migues, Luis. Figuras galaicas del termalismo, Universidade Complutense, 2006, ISBN 84-669-2879-0

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

González Quintián, Carlos. Bibliografía médica gallega del siglo XIX , especialmente páxinas 223-224.

Ligazóns externas Ínsua, Emílio: «A figura de Nicolás Taboada Leal» 26/5/2014.

Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Médicos de Viveiro Categoría:Cronistas de Vigo Categoría:Nados en 1798 Categoría:Finados en 1883 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela