O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en marzo do 2005.

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 m² e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Historia O proxecto construído, xunto co centro de lecer, foi o gañador dun concurso internacional en 2001. Os outros proxectos presentados foron os de Jean Nouvel e Arturo Franco Taboada e o de Jerónimo Junquera e Marc Fenwick.

Salas O edificio dispón de numerosos espazos e salas, así como dous auditorios.

Auditorio Gaviota: auditorio cun escenario de 235 metros cadrados e con capacidade para 1500 espectadores. A súa área total é de 1500 metros cadrados. Auditorio Arao: pequeno auditorio e sala de conferencias con capacidade para 500 espectadores que conta cun escenario de 88 metros cadrados e unha superficie total de 600 metros cadrados. Sala Azimut Sala VIP Bitácora Loft Dársena

Distincións Premio OPC ao mellor Palacio de Congreso do estado español. Finalista do premio APEX no 2006, alzándose como un dos tres mellores palacios de congresos do mundo. Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas www.palexco.com

Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Pazos de congresos de Galicia