Chicken Little é un filme de animación estadounidense dirixido por Mark Dindal que se estreou no 2005.

Sinopse Pasou un ano dende o "desafortunado incidente da landra" cando Chicken Little causou unha grande algarabía na súa vila natal de Oakey Oaks ó proclamar que o ceo estaba caendo tras ser golpeado na testa polo que aparentemente era unha landra. O pequeno polo únese ó equipo local de béisbol coa esperanza de restablecer a súa reputación e gañar o respecto de seu pai, Buck Cluck. Cando el conduce ó seu equipo a unha inesperada vitoria, convértese no centro de toda a atención. Pero tan pronto como todo volve á normalidade, volve recibir outro golpe na cabeza, e esta vez o ceo si está caendo de verdade. Temeroso de ser tachado unha vez máis de tolo, négase a dicirlle nada a ninguén. No canto diso, recruta a axuda dos seus mellores amigos, Runt, Abby Patosa, e Peixe fóra da auga, nun intento por salvar o mundo sen facer que todo o pobo entre novamente en pánico.

Personaxes Zach Braff como Chicken Little Cluck Joan Cusack como Abbagail Ducktail Mallard Dan Molina como Peixe fóra da auga Amy Sedaris como Foxy Loxy Mark Walton como Goosey Loosey Garry Marshall como Buck "Ace" Cluck Don Knotts como Turkey Lurkey Sean Elmore, Matthew Michael Joston, e Evan Dunn acomo Kirby Fred Willard como Melvin Catherine O'Hara como Tina Mark Dindal como Morkupine Porcupine Patrick Stewart como Mr. Woolensworth

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre peixes Categoría:Filmes sobre porcos Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América