Alan Sidney Patrick Rickman, nado o 21 de febreiro de 1946 en Acton (Londres) e finado o 14 de xaneiro de 2016, foi un actor e director inglés de cine e teatro. Rickman foi membro da Royal Shakespeare Company, coa cal realizou producións modernas e clásicas. O seu primeiro gran papel foi o do Vizconde de Valmont na obra Les Liaisons Dangereuses en 1985, polo cal foi nomeado a un Premio Tony. Rickman acadou o recoñecemento internacional polas súas actuacións de Hans Gruber en Die Hard e de Severus Snape na serie de Harry Potter.

Outros papeis de sona no cine foron o de Sheriff de Nottingham en Robin Hood, príncipe dos ladróns, de Jamie en Truly, Madly, Deeply, do Coronel Brandon en Sense and Sensibility, de Harry en Love Actually, P.L. O'Hara en An Awfully Big Adventure, Alexander Dane en Galaxy Quest, e do Xuíz Turpin en Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet Street.

En 1995, Rickman foi galardoado co Globo de Ouro, un Emmy e un Screen Actors Guild pola súa interpretación de Rasputín en Rasputin: Dark Servant of Destiny. Gañou tamén un BAFTA polo seu papel de Robin Hood. Foi padriño do actor Tom Burke.Relative Values: Little did I know my boy would become a Musketeer , thesundaytimes.co.uk; consultado o 14 de xaneiro de 2016.

Rickman morreu de cancro o 14 de xaneiro de 2016 con 69 anos.

Filmografía Ano Título Papel Notas1978Romeo and JulietTybalt1980Thérèse RaquinVidalBBC1980ShelleyCliveEpisodio #1.71982BustedSimonTelefilme da BBC1982Smiley's PeopleMr. BrownlowEpisodio #1.21982The Barchester ChroniclesReverendo Obadiah SlopeBBC Miniserie1985Return of the NativeNarrador1985Summer SeasonCroopSerie de televisión da BBC1985Girls On TopDimitri / Voz de RADASerie de televisión da CIT 1988Die HardHans Gruber1989Revolutionary WitnessJacques RouxCurtametraxe da BBC1989O asasino do calendarioEd, o pintor1989ScreenplayIsrael YatesBBC Serie de televisión1990Quigley Down UnderElliot Marston1991Truly, Madly, DeeplyJamie 1991Robin Hood, príncipe dos ladrónsSheriff de Nottingham 1991Close My EyesSinclair Bryant1991Closet LandO interrogador1992Bob RobertsLukas Hart III1993Fallen AngelsDwight Billings1994MesmerFranz Anton Mesmer 1995An Awfully Big AdventureP.L. O'Hara1995Sense and SensibilityCoronel Brandon 1996Rasputin: Dark Servant of DestinyRasputin 1996Michael CollinsÉamon de Valera 1996Castle Ghosts of IrelandTydeDocumental1997The Winter GuestHome da rúaDirector e guionista1998Judas KissDetective David Friedman1998Dark HarborDavid Weinberg1999DogmaO Metatron1999Galaxy QuestAlexander Dane/Dr. Lazarus2000Help! I'm a FishJoeVoz2001PlayHome2001Blow DryPhil Allen2001The Search for John GissingJohn Gissing2001Harry Potter e a pedra filosofalSeverus Snape2002Harry Potter e a Cámara dos SegredosSeverus Snape 2002King of the HillRei PhilipVoz2003Love ActuallyHarry 2004Something the Lord MadeAlfred Blalock 2004Harry Potter e o preso de AzkabanSeverus Snape2005Harry Potter e o Cáliz de fogoSeverus Snape2005The Hitchhiker's Guide to the GalaxyMarvin o androide paranoicoVoz2006Das Parfum – Die Geschichte eines MördersAntoine Richis2006Snow CakeAlex Hughes2007Nobel SonEli Michaelson2007Harry Potter e a Orde do FénixSeverus Snape2007Sweeney Todd, o barbeiro diabólico de Fleet StreetXuíz Turpin 2008Bottle ShockSteven Spurrier 2009Harry Potter e o misterio do príncipeSeverus Snape 2010Alice in Wonderland CaterpillarVoz2010Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)Severus Snape2010The Wildest DreamNoel Odell 2010The Song of Lunch El mesmo2011Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte)Severus Snape2011The Boy in the BubbleNarradorCurta animada2011Back at the BarnyardXeneral AlienEpisodio: "Aliens"2012GambitLord Shahbandar2013The ButlerRonald Reagan 2013A PromiseKarl Hoffmeister 2013CBGBHilly Kristal2013DustTodd2015A Little ChaosKing Louis XIVTamén director e co-guionista2015Eye in the SkyTenente xeneral Frank Benson2016Alice Through the Looking Glass Absolem (voz)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Ealing Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2016