miniatura|Gravado mostrando os restos de cadáveres momificados, no val de Saqqara, Exipto. thumb Un cadáver é o corpo dun ser vivo morto. A palabra cadáver provén do latín cadāver, -eris, en relación con el verbo cadere, 'caer', e significa 'caído', e tamén 'morto'.Caduceus Caducary Cadaver. Word Roots Medical Etymology Etimoloxía de cadáver
Caracaterísticas Curiosamente, noutras linguas, a palabra tamén deriva de cadaver(em) (Kadaver en alemán, kadaver en neerlandés), pero sobre todo para indicar o corpo dun animal morto, mentres que en galego pode referirse tanto ao corpo morto dun animal como, máis frecuentemente, ao dunha persoa.
Segundo unha lenda, o vocábulo cadáver é un composto de tres termos diferentes con significado propio dentro do latínEtimología: cadáver (Rectificando a los sobres de azúcar...) . Descomponse nos seguintes termos: caro ('carne'), data ('dado, dada', paticipio de do, das, dare, dedi, datum, 'dar') e vermibus ('a ou para os vermes, dativo de plural de vermis, -is, 'verme'). É dicir, o significado antigo de cadáver vén ser, literalmente, 'carne dada aos vermes' que, segundo a antiga Roma, lugar de onde vén o termo, é unha palabra derivada da simple observación do que sucede cun cadáver en circunstancias meteorolóxicas de intemperie, non sendo manipulada a súa descomposición natural mediante embalsamamento.
O ser humano, desde a antigüidade, tomou diversas medidas para eliminar os cadáveres, normalmente mediante sepulturas escavadas no solo, ou depositando o cadáver en sarcófagos onde o corpo se descompoñía pola acción de vermes e bacterias.
Unha práctica alternativa, tamén de orixe antiga, é a cremación ou eliminación do corpo mediante lume en piras funerarias ou, hoxe, en crematorios.
A atracción sexual cara aos cadáveres denomínase necrofilia, que na maioría das culturas se considera unha práctica socialmente inaceptábel.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cadaleito Funeral Momia Sarcófago Sepultura
Ligazóns externas Que é o cadáver? Tanatoloxía, e status xurídico, en mednet.org
Categoría:Morte