Kitāb al-Shifā’ (árabe: كتاب الشفاء; latín: Sufficientia; lit. "O libro da curación" ou "O libro da cura") é unha enciclopedia filosófica e científica escrita por Abu Ali ibn Sīna (coñecido en Occidente como Avicena). A súa elaboración comezou contra o 1014, e rematou arredor do 1020; porén, non foi publicado até o 1027.Goodman (1992): 31.Goodman (2003): 155.

Crese que foi escrito para servir como compendio de todos os coñecementos filosóficos do seu autor.Muslim phylosophy. Ibn Sina . En efecto, consta de catro partes principais que tratan, en orde e con amplo detalle, de lóxica, física, matemáticas e metafísica.

O texto árabe, recompilado a partir de varios manuscritos de orixe diversa, foi editado por varios arabistas, entre os que destaca principalmente George Anawati, e publicado en varios volumes en O Cairo entre 1953 e 1983.

No século XIII apareceu unha tradución ao latín en Toledo, pero non será até 1907 cando apareza outra versión nalgún idioma europeo, esta vez en alemán.Ibn Sina .

Partes do texto, notabelmente a metafísica, traducíronse tamén ao francés, ao inglés e ao italiano. Non existe aínda unha tradución ao galego.

Filosofía alt=Alberte o Magno (1193-1280), lóxico europeo influenciado polo Kitāb al-Shifā’.|esquerda|miniatura|Alberte o Magno (1193-1280), lóxico europeo influenciado polo Kitāb al-Shifā’. Contra o século XII, o chamado avicenismo converteuse na principal escola da filosofía islámica do século de ouro, e Avicena no seu pensador máis influente, grazas á súa combinación do aristotelismo e do neoplatonismo co kalam.Fancy (2006): 80-81.

O avicenismo tamén deixou a súa pegada na Europa do medievo, en especial as súas doutrinas sobre a natureza da alma e a distinción entre esencia e existencia. Estas teorías espertaron numerosos debates entre os escolásticos, así como a censura das autoridades. En París, por exemplo, o avicenismo foi proscrito no 1210. Malia as prohibicións, as súas ideas sobre psicoloxía e epistemoloxía inspiraron a autores como Guillaume de Auvergne (1190-1249) ou Alberte o Magno (1193-1280), e a súa metafísica a Tomé de Aquino (1225-1274).Rizvi (2013).

As principais disciplinas filosóficas sobre as que versa o Kitāb al-Shifā’ son a lóxica e a metafísica, aínda que tamén contén elementos de filosofía da ciencia.

Lóxica alt=Miniatura de Avicena (980-1037), autor do Kitāb al-Shifā’.|miniatura|Miniatura de Avicena (980-1037), autor do Kitāb al-Shifā’. Avicena escribiu sobre a lóxica islámica en moitas das súas obras, e chegou a crear o seu propio sistema lóxico como alternativa á lóxica de Aristóteles. Cara ao século XII, a lóxica de Avicena substituíu á aristotélica no mundo islámico.Bochenski (1961): 4-10. Tras ser traducido ao latín, os seus textos sobre esta materia influenciaron aos pensadores europeos, como Alberte o Magno.Washell (1973): 445.

En especial, analizou o siloxismo hipotético e mais o cálculo de proposicións, que formaban parte da tradición estoica.Goodman (1992): 31, 188. Tamén desenvolveu unha teoría propia sobre a siloxística temporal, e traballou aspectos da indución, como os chamados métodos de Mill, moi relevantes para o método científico.

Filosofía da ciencia Na sección titulada al-Burhan ("A demostración"), Avicena describe os métodos científicos de investigación da antigüidade. En específico, analiza os Analíticos posteriores de Aristóteles, co que discrepa en diversas cuestións, introducindo o problema dos principios fundamentais da ciencia. Segundo o persa, existen dúas vías para chegar aos devanditos principios: a da indución aristotélica (istiqra), e a do exame e a experimentación (tajriba). Avicena critica a primeira delas, sobre a base de que non conduce a premisas absolutas e universais, polo que sería necesario avanzar polo segundo camiño, o da experimentación.McGinnis (2003): 307. Malia propoñer ideas próximas ás da ciencia moderna, o al-Burhan só foi traducido fragmentariamente ao latín; en consecuencia, a súa influencia en Europa foi limitada.McGinnis (2003): 308.

Metafísica A metafísica de Avicena está influenciada pola filosofía de al-Farabi. No seu estudo do ser, distinguiu entre esencia (mahiat) e existencia (wujud). Defendeu que a existencia non pode inferirse ou explicarse pola esencia das cousas, e que a forma e a materia por si soas non poden orixinar o movemento do universo. A existencia, xa que logo, débese a un axente causal que a engade á esencia. Para iso, a causa ten que ser algo que coexista co seu efecto.

A súa proba da existencia de Deus é un dos primeiros exemplos do argumento ontolóxico.Steve (1984).Morewedge (1970).

Ciencia

Astronomía No eido da astronomía, o texto destacou por propoñer que Venus está máis próximo á Terra que ao sol.

Química O Kitāb al-Shifā’ expón unha síntese de conceptos sobre a natureza dos estados minerais e metálicos.Seyyed Hossein Nasr (2003). Malia ser un crítico da alquimia, Avicena combinou a teoría alquímica dos metais coas ideas sobre mineraloxía de Aristóteles e Teofrasto.

Paleontoloxía O libro contén explicacións sobre a petrificación dos fósiles. Aristóteles intentou explicar este fenómeno apelando a unhas "exhalacións vaporosas". Avicena revisou este concepto, desenvolvendo a súa teoría dos "fluídos petrificantes", que sería retomada por Alberte o Magno no século XIII, e aceptada por moitos naturalistas até o século XVI.Rudwick (1985): 24.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bochenski, I. M. (1961). A History of Formal Logic (en inglés). University of Notre Dame Press. Fancy, N. A. G. (2006). Pulmonary Transit and Bodily Resurrection: The Interaction of Medicine, Philosophy and Religion in the Works of Ibn al-Nafis (d. 1288) (en inglés). Universidade de Notre Dame. Tese de doutoramento. Goodman, L. E. (1992). Avicenna (en inglés). Routledge. . Goodman, L. E. (2003). Islamic Humanism (en inglés). Oxford University Press. . McGinnis, J. (2003). Scientific Methodologies in Medieval Islam (en inglés). Journal of the History of Philosophy, 41(3), 307-327. Morewedge, P. (1970). Ibn Sina (Avicenna) and Malcolm and the Ontological Argument. Monist, 54(2), 234-249. . Rizvi, S. H. (2013). Avicenna (Ibn Sina) (c. 980-1037) (en inglés). Internet Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 04-04-2024. Rudwick, M. J. S. (1985). The Meaning of Fossils: Episodes in the History of Palaeontology. University of Chicago Press. . Seyyed Hossein Nasr (2003). The Achievements of Ibn Sina in the Field of Science and His Contributions to Its Philosophy. Islam & Science, 1. Steve, J. A. (1984). Ibn Sina's Fourth Ontological Argument for God's Existence. The Muslim World, 74(3-4), 161-171. Washell, R. F. (1973): Logic, Language, and Albert the Great (en inglés). Journal of the History of Ideas, 34(3), 445-450.

Categoría:Obras filosóficas Categoría:Ensaio