Alan Walker, nado en Leicester o 23 de agosto de 1938 e finado o 20 de novembro de 2017, foi un antropólogo británico especializado en paleoantropoloxía. Residiu nos Estados Unidos dende 1973.
Traxectoria Profesor de antropoloxía na Pennsylvania State University, estudou os lémures de Madagascar e dos primates de África Oriental, colaborou con Richard Leakey na busca de fósiles no lago Turkana e descubriu o cranio negro (KNM-WT 17000), un dos poucos fósiles coñecidos do Paranthropus aethiopicus e estudou o fósil coñecido como neno de Turkana (KNM-WT 15000). Tamén realizou investigacións, coa súa muller, sobre o Procónsul, primate do Mioceno inferior.
Véxase tamén Ligazóns externas Alan Walker page at www.mnsu.edu Ten scholars to receive honorary degrees Curriculum Vitae de Alan Walker
Categoría:Antropólogos do Reino Unido Categoría:Biólogos de Inglaterra Categoría:Nados en Leicester Categoría:Nados en 1938
Categoría:Finados en 2017