A Waikato Stadium é o principal estadio da cidade de Hamilton (Nova Zelandia). Comezouse a construír no ano 2000 e foi inaugurado o 1 de marzo do 2002 co partido que enfrontou aos Waikato Chiefs locais cos Crusaders de Chistchurch no daquela Super 12 (actualmente Super Rugby). Está adicado á práctica do rugby e do fútbol. Ten capacidade para 25.800 espectadores, que se pode aumentar temporalmente a 30.000. Será o escenario de varios partidos da Copa do Mundo de Rugby (2011).

Copa do Mundo de Rugby 2011

Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 3 dos encontros da primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011: 16 de setembro de 201120:0020px Nova Zelandia83-720px XapónWaikato Stadium, HamiltonÁrbitro: Nigel Owens (GLS) 18 de setembro de 201115:3020px Gales17-1020px SamoaWaikato Stadium, HamiltonÁrbitro: Alain Rolland (IRL) 2 de outubro de 201118:0020px Gales66-020px FidxiWaikato Stadium, HamiltonÁrbitro: Wayne Barnes (ING)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Waikato Stadium

Categoría:Estadios de rugby de Nova Zelandia