Brooks Sales, nado o 15 de febreiro de 1980 en Bloomfield, Connecticut, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na Universidade de Villanova, xogou nas principais ligas de Europa, así como na Euroliga e a ULEB Cup. Xogaba na posición de pivota cunha altura de 2,08 metros. É irmán de Nykesha Sales , unha coñecida xogadora de baloncesto.

Traxectoria Brooks Sales formouse na universidade de Villanova, o último ano ás ordes do adestrador Jay Wright. Ao rematar a súa andaina na NCAA xogaría o campus de verano da NBA cos Indiana Pacers e os Memphis Grizzlies. Posteriormente comezaría a súa andaina en asinando contrato co Pallacanestro Biella da Lega Basket Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, con medias durante dous anos de 11 puntos e 7 rebotes por encontro.

En 2004 volvería a xogar nas ligas de verán da NBA, esta vez con Orlando Magic e San Antonio Spurs, e posteriormente co campus de veteranos do Houston Rockets Ao ano seguinte asinaría co Teramo Basket da mesma competición, onde melloraría os seus números até ser o cuarto mellor xogador da liga en valoración e o segundo máximo reboteador. O seu bo rendemento en Italia o ano anterior serviríalle para asinar en 2005 co Pau Orthez da LNB francesa, co que xogaría tamén na Euroliga, competición na que fixo preto de 10 puntos e 6 rebotes por encontro.

Ao ano seguinte continuaría a xogar en competicións europeas, esta vez da man do turco Beşiktaş. Ao rematar a liga turca, xogaría o final da liga e os playoffs da liga portuguesa co Benfica. Posteriormente regresaría de novo a Italia, esta vez ao Udine, para posteriormente marchar á Ligat ha'Al, principal competición do baloncesto israelí. Alí xogaría un primeiro ano co Maccabi Haifa e o segundo co Ironi Ashkelon. Na tempada 2010-11 xogaría co Atomerőmű de Hungría, onde fixo unha media de 18,5 puntos e 10 rebotes. En 2011 converteríase na última fichaxe do Club Baloncesto Breogán para pechar o seu cadro de xogadores 2011−2012. Tras finalizar a temporada, Sales retirouse do baloncesto como xogador.

Equipos 20px|border|NCAA Villanova Wildcats (NCAA, 1999−2002) 20px|border|Serie A Pallacanestro Biella (Lega, 2002−2004) 20px|border|Serie A Teramo Basket (Lega, 2004−2005) 20px|border|LNB Pau Orthez (LNB, 2005−2006) 20px|border|TBL Beşiktaş Cola Turka (TBL, 2006−2007) 20px|border|LPB Benfica (LPB, 2007) 20px|border|Serie A Snaidero Udine (Lega, 2007−2008) 20px|border|Ligat ha'Al Maccabi Haifa (Ha'Al, 2008−2009) 20px|border|Ligat ha'Al Ironi Ashkelon (Ha'Al, 2009−2010) 20px|border|NBI/A Atomerőmű (NBI/A, 2010−2011) 20px|border|LEB Leite Río Breogán (LEB, 2011−2012)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web da Euroliga Estatística da súa etapa na NCAA Novas na web oficial do Breogán de Lugo

Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Teramo Basket Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Hartford, Connecticut Categoría:Nados en 1980