A bandeira nacional de Mauricio foi adoptada despois da súa independencia, o 12 de marzo de 1968. Consta de catro franxas horizontais do mesmo ancho e cores consecutivas vermello, azul, amarelo e verde.

Cores O significado das cores é o seguinte: Vermello: polo sangue derramado na loita pola independencia. Azul: o océano Índico, no medio do cal se encontra Mauricio. Amarelo: a nova luz que brilla sobre a independencia da illa e o seu sol dourado. Verde: a exuberante vexetación da illa.

Outras bandeiras miniatura|20px Bandeira civil. Dimensións da bandeira: 1:2 miniatura|20px Bandeira naval. Dimensións da bandeira: 26:57 A bandeira civil (privativa para os buques) e o estandarte gobernamental (para os buques do Estado) son bandeiras de cor vermella e azul respectivamente, cada unha coa bandeira nacional no cantón e o escudo de armas de Mauricio na marcha.

O estandarte empregado polos buques de vixilancia costeira posúe un deseño infrecuente que consiste en franxas verticais vermellas, brancas e azuis de ancho desigual cun emblema en forma de áncora no centro.

Bandeiras históricas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Símbolos de Mauricio Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1968