A Mocidade Nacionalista Galega (MNG), constituída o 13 de novembro de 2010"A MNG nace coa idea de ser a vangarda de Máis Galiza", 20 minutos . na cidade de Santiago de Compostela como o referente xuvenil de Máis Galiza, é unha organización xuvenil que estivo integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego) ata o 10 de marzo de 2012<ref>"A Mocidade Nacionalista Galega decide abandonar Galiza Nova", Praza Pública, 10 de marzo de 2012.</ref>. Na actualidade é o referente xuvenil de Compromiso por Galicia.

Como organización política da mocidade galega, a MNG defende o dereito de Galiza a definirse e decidir o seu futuro libre e soberanamente co fin de acadar a súa autodeterminación.

A Mocidade Nacionalista Galega é herdeira política directa da Mocidade Socialista Galega e da súa política de ampliación de horizontes políticos encarnada na plataforma 'Entre tod@s, Galiza Nova' destinada á XI Asemblea Nacional das mocidades do BNG e no proceso 'Máis Mocidade' que derivou na fundación da propia MNG. A Mocidade Socialista Galega autodisolveuse o propio día 13 de novembro na MNG.

Ideoloxía A MNG é unha organización política xuvenil progresista, cun carácter socialdemócrata e republicano. Os seus principios ideolóxicos básicos son o nacionalismo cívico galego, a socialdemocracia, a autodeterminación cara a consecución dun Estado propio, o republicanismo e a democracia participativa, o europeísmo (a Europa dos pobos), a defensa da lingua galega, ecoloxismo, laicismo e feminismo, entre outros.

Organización

Consello Político Nacional O Consello Político Nacional é o máximo órgano decisorio entre Asembleas Nacionais , formado por 12 persoas escollidas na Asemblea Nacional mediante listas abertas, a persoa que ostente a Secretaría Xeral e os representantes das comarcas.Candidatura única à Executiva Nacional da MNG Ten forte presenza no ámbito universitario onde parte da súa militancia promove a constitución do Movemento Estudantil Universitario (MEU), mentres que outras persoas participan na ruptura dos Comités Abertos de Facultade e forman parte da Liga Estudantil Universitaria.

Executiva Nacional A Executiva Nacional é o órgano que ostenta a dirección e xestión diaria da organización. Está composta por 6 persoas, escollidas de entre os membros electos do Consello Político Nacional, e a persoa que sotente a Secretaría Xeral. Esta executiva é ratificada pola afiliación da organización na Asemblea Nacional.

A Executiva Nacional actual, escollida na II Asemblea Nacional celebrada en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 2014, está conformada do seguinte xeito: Secretaría Xeral: Ángel Sánchez Tallón Secretaría de Organización: Paula Carballo Blanco Secretaría de Finanzas: Rocío López Pacio Secretaría de Relacións Internacionais: Estevo Sánchez Gálvez Secretaría de Comunicación: Alexandre Fernández Secretaría de Igualdade: Antía Rodríguez Neira Secretaría de Formación: Alberte Villamarín Rodríguez

Galiza Nova Ata marzo de 2012 a Mocidade Nacionalista Galega participou en Galiza Nova, xuventudes do BNG. Ostentou internamente a representación obtida na XI Asemblea Nacional, celebrada o 24 e 25 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela, pola Plataforma Entre tod@s, Galiza Nova''Posición política da Plataforma Entre Tod@s, Galiza Nova, encabezada por Ínhigo Ansotegui e acadando o 20% dos votos e cinco membros na Dirección Nacional e dous na Comisión Permanente que ostentan as responsabilidades de Institucional e Asociacionismo. A súa proposta política foi a de acadar unha Galiza Nova máis combativa, plural e operativa, baixo a premisa de apertura do nacionalismo galego á sociedade.

En Compromiso por Galicia A partir da I Asemblea Nacional recoñece como único referente político e ideolóxico a Compromiso por Galicia, e ós seus principios de socialdemocracia, progresismo, galeguismo e reformismo.

Coa formación de CxG Balbina Gándara Antelo foi elixida secretaria xeral dimitindo un ano despois. Neste período numerosos membros das Xuventudes Socialistas de Galicia, xuventudes do PSdeG téñense sumado a MNG, ó igual que outros mozos independentes e galeguistas.

Logo da dimisión de Balbina Gándara, o secretario xeral é Pablo Tortajada Bermúdez antigo secretario de organización.

Neste novo período a MNG rompeu cos principios defendidos por Galiza Nova, sobre o comunismo e independentismo e preferiu relacionarse con Euzco Gaztedi Indarra (EGI), mocidades do PNV e a Joventut Nacionalista de Catalunya (JNC), mocidades de Convergència Democrática de Catalunya, dunha sensibilidade máis centrista e moderada, participando por exemplo no EGI eguna. Tamén mantén estreitas relacións con Iratzarri, escisión de Aralar.

Actividades A MNG trata de incidir no debate público non só participando da actividade de Galiza Nova e o BNG, senón con actividade e posturas políticas propias.

Alén de participar con comitiva propia na manifestación nacional do Día da Patria e de xestionar un posto no Festigal, a MNG continuou desenvolvendo as Xornadas da Mocidade Galega que iniciara a MSG, realizándoas en dous ámbitos diferentes, a Universidade de Santiago de Compostela e no concello ourensán de Castrelo de Miño"En marcha as xornadas 2.0 da Mocidade Nacionalista Galega", Código Cero.. Nelas, baixo o título 'A nación 2.0', reflexionouse sobre a construción nacional no século XXI dando voz e presenza ao máis representativo do mundo social de Galicia con grande eco dos medios"Beiras dice que "los terroristas más peligrosos están en el poder: Rajoy, Rouco, Rubalcaba..."", Público.. Tamén desenvolveu campañas referentes á cuestión sexo-afectiva, tanto no eido da educación sexual con actividades como 'Luces, cámaras... sexo!'A Mocidade Nacionalista Galega fala de sexo o mércores 16 en Compostela. coma na defensa da pluralidade de opciónsCadaquen ao seu xeito .. Tamén desenvolveu accións para reivindicar a normalización dos equipos deportivos nacionais coa campaña 'Mételle un gol a Feijoo'A Mocidade Nacionalista Galega inicia a campaña 'Mételle un gol a Feijoo'.. Entre as súas actividades, tamén están as de formación, coma 'Tempos de Traballo'A MNG organiza en Compostela a xornada de formación 'Tempos de Traballo'. ou a participación nun debate coas mocidades do Partido PopularA Mocidade Nacionalista Galega e Novas Xeracións debaten este luns..

A Mocidade Nacionalista Galega fai parte, así mesmo, da Plataforma contra a Lei de Augas sendo a única organización do ámbito BNG que deu ese pasoA manifestación nacional contra a lei de augas de Galiza..

Ademais, a MNG ten feito numerosas posturas públicas sobre diversas temáticas decidida a incidir no debate político. Neles, ten apostado pola renovación doutrinal do nacionalismoA Mocidade Nacionalista Galega é crítica coa postura de Galiza Nova de homenaxear a Pardo de Cela., a defensa da cultura galegaA Mocidade Nacionalista Galega lanza un manifesto polo Día das Letras Galegas 2011 ., o apoio ao pobo palestinoA MNG apoia a flotilla da liberdade. ou en favor dunha converxencia de esquerdas nas eleccións ao SenadoA Mocidade Nacionalista Galega apoia unha candidatura "galega e de esquerdas" para o Senado ..

Referentes internacionais Entre os seus referentes estatais e internacionais están as Joventuts Nacionalista de Catalunya, organización ligada a Converxencia Democrática de Cataluña, Euzko Gaztedi Indarra, xuventudes do Partido Nacionalista Vasco (PNV)e a Jóvenes Nacionalistas Canarios de Coalición Canaria. Partidos cos que Compromiso por Galicia compartiu candidatura en Coalición por Europa.

Notas

Categoría:Compromiso por Galicia Categoría:Mocidades políticas de España