A selección de rugby de Mauricio representa ao estado insular de Mauricio nas competicións oficiais de rugby. O equipo está composto enteiramente por mauricianos bracos, especialmente por membros da minoría étnica dos francomauricianos, para os que o rugby é máis popular que para a maioría indomauriciana e tamén pola tendencia racista dos francomauricianos fronte a outras comunidades. Mauricio é membro da International Rugby Board (IRB), mais a súa selección nacional encóntrase situada na terceira división e compite no CAR Development Trophy, non tendo participado nunca nin na Africa Cup nin na Copa do Mundo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Rugby en Mauricio
Ligazóns externas Mauricio en rugbydata.com Mauritius Rugby
Mauricio