The Fame é o primeiro álbum de estudio da cantante de pop estadounidense Lady Gaga. Todas as cancións están escritas pola propia cantante, coa axuda dos produtores.

Debutou o 28 de outubro de 2008, chegando ó #2 na Billboard 200,#1 no Reino Unido e #3 en España. Recibiu boas críticas, sinalando moi positivamente o contido lírico do álbum e a capacidade vocal de Gaga. Gañador do Grammy a mellor álbum dance/electrónico en 2010, 'The Fame' ten vendido a día de hoxe máis de 15.000.000 de copias, converténdose así en disco de diamante e sendo o disco máis vendido da historia dixital nos Estados Unidos. En España ten vendido máis de 100.000 exemplares (disco de platino).

Composición Gaga comezou a escribir este álbum en 2006, traballando con varios produtores (RedOne, Fusari, Kierszebaum). As cancións deste álbum están inspiradas, na súa maioría, no amor de Gaga á fama, e máis polo miúdo, ao estilo de vida da clase rica e famosa de Nova York. Musicalmente, ten influencias do electropop e synthpop da década dos anos 80, mesturando este estilos co dance. En canto ao título e concepto do álbum, a mesma Gaga explicou: The Fame é sobre como calquera se pode sentir famoso. A cultura pop é arte. A fama que canto no álbum é unha fama compartibel, quérovos invitar a todos á festa, quero que a xente se sinta parte deste estilo de vida.

Promoción O primeiro single foi Just Dance (8 de abril de 2008), foi a canción que deu a coñecer a Gaga internacionalmente, estaba no top 10 de máis de 30 países. Ten vendidos, ata a data de hoxe, 7.700.000 copias a nivel mundial. O segundo single foi Poker Face (25 de setembro de 2009). Esta canción foi #1 en 15 países e deulle un gran recoñecemento mundial a Gaga, converténdose na súa canción máis coñecida. Hoxe en día, as súas vendas sitúanse nos 10.000.000 de exemplares. Eh, Eh (Nothing Else I Can Say) foi lanzada como terceiro sinxelo do álbum en Suecia, Australia e Nova Zelandia (xaneiro de 2009). Máis tarde, sería lanzada en Francia. LoveGame foi seleccionada como o terceiro single mundial en marzo de 2009, acadando o top 5 nas principais listas mundiais. O último sinxelo extraído do álbum debut da neoiorquina foi Paparazzi en xullo de 2009. Esta canción contou cun impresionante vídeo dirixido por Jonas Akerlund e converteuse no cuarto número un de Gaga na lista estadounidense Pop Songs. Á par, Gaga saía a promover o disco nunha pequena xira que a levaría a percorrer pequenos escenarios de Europa e Norteamérica, o The Fame Ball Tour .

Sinxelos Just Dance (8 de abril de 2008) #3 en España Poker Face (23 de setembro de 2008) #2 en España Eh Eh (Nothing Else I Can Say) (31 de xaneiro de 2009) LoveGame (24 de marzo de 2009) Paparazzi (6 de xullo de 2009) #46 en España

Créditos Produtor executivo - Vincent Herbert (Streamline Records) Produtores - Rob Fusari, RedOne, Martin Kierszenbaum, Lady Gaga, Josh Schwartz Escritores - Lady Gaga, Rob Fusari, RedOne, Martin Kierszenbaum, Josh Schwartz.

Premios Cerimonia de premiación Premio Resultado Billboard Year End Chart Awards (2009) Mellor álbum dance/electrónica Gañador Premios Oye (2009) Álbum do ano Gañador Virgin Media Music Awards (2009) Álbum do ano Gañador Brit Awards (2010) Álbum Internacional Gañador Grammy Awards (2010) Álbum do ano Nomeado Grammy Awards (2010) Álbum dance/electrónica Gañador World Music Awards (2010) Mellor álbum de 2009 Gañador

Cancións Just Dance (Lady Gaga, RedOne, Akon) – 4:04 LoveGame (Lady Gaga, RedOne) – 3:33 Paparazzi (Lady Gaga, Rob Fusari) – 3:28 Poker Face (Lady Gaga, RedOne) – 3:59 Eh Eh (Nothing Else I Can Say) (Lady Gaga, Martin Kierszenbaum) – 2:57 Beautiful Dirty Rich (Lady Gaga, Rob Fusari) – 2:54 The Fame (Lady Gaga, Kierszenbaum) – 3:44 Money Honey (Lady Gaga, RedOne, Bilal Hajji) - 2.50 Starstruck (Lady Gaga, Kierszenbaum, Space Cowboy) - 3:37 Boys Boys Boys (RedOne,Lady Gaga ) – 3:22 Paper Gangsta ( Lady Gaga, RedOne) - 4:23 Brown Eyes (Lady Gaga, Rob Fusari) – 4:05 I Like It Rough (Lady Gaga, Martin Kierszenbaum) – 3:22 Summerboy (Lady Gaga, Josh Schwartz, Brian Kierulf) – 4:16 Bonus Tracks Again Again (Lady Gaga) – 3:06 (Reino Unido e Irlanda) Disco Heaven (Lady Gaga, Rob Fusari, Tom Kafafian) - 3:41 (Europa, Oceanía e América) Retro Dance Freak (Lady Gaga, Rob Fusari) - 3:22 (Xapón e versión internacional de The Fame Monster)

Categoría:Álbums musicais de 2008 Categoría:Álbums de Lady Gaga