Eduard del Castillo Velasco, máis coñecido como Eduard Velasco, nado en Barcelona o 22 de decembro de 1982, é un filólogo, tradutor e escritor catalán vinculado ás culturas catalá e galega.
Traxectoria É licenciado en filoloxía catalá e filoloxía galega pola Universidade de Barcelona, onde colaborou no Proxecto Galauda dirixido por Sabela Labraña.Sabela Labraña e Eduard del Castillo presentaron conxuntamente unha comunicación en 2003 no VII Congreso Internacional da AIEG celebrado na Universidade de Barcelona, e recollido nas actas, "Catalán e galego: do coñecemento das linguas á convivencia das culturas". Ten traballado como docente de catalán e de galego e en labores de tradución e corrección.
Foi colaborador de diversos medios galegos, como os xornais Vieiros, A Peneira ou Sermos Galiza. É membro de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya (Ergac), de cuxo boletín A micro pechado foi redactor, e mantén o blog Catalunya a Galícia, a Galiza en Cataluña.
En 2011 comezou a traballar no ILGComo lingüista colaborou en diversos proxectos e publicacións, como o Corpus audiovisual plurilingüe (Barcelona: Edicions da Universitat de Barcelona, 2008), o libro docente Vencello do Proxecto Galauda, Bilega (en 2017) do Centro Ramón Piñeiro, entre outros. e publicou a tradución ao galego da novela de Emili Teixidor Pan negro. Así mesmo é o tradutor ao catalán dalgúns relatos da coruñesa Begoña Paz.Relato Cos de mudances Relato El pes del meu desig En 2012 encargouse da tradución ao galego da primeira novela modernista catalá, Els sots feréstecs, que apareceu co título As valgadas bravas.
No curso 2013-2014 foi profesor de estudos cataláns na Universidade de Lisboa. Dende xuño de 2016 ata 2018 xestionou, xunto a poeta Alicia Fernández Rodríguez, a libraría especializada en poesía Chan da Pólvora, de Compostela, como parte dun proxecto máis amplo no que tamén participa Antón Lopo.Antón Lopo bota a andar unha editorial especializada en poesía , nova en Sermos Galiza o 25 de maio de 2016. En 2017 instálase en Cataluña, onde exerce a docencia.
A súa andaina como escritor en galego comeza con dous títulos premiados, Ruído de trens e O filósofo coxo. En 2019 publica a súa primeira novela, Os días felices de Benvido Seixas, unha novela que, segundo a sinopse, "enreda cos tópicos da cultura galega".
Obra miniatura|dereita|Nunha charla sobre a lingua catalá no Centro Social A Revira (Pontevedra) Poesía Ruído de trens (2015). Culleredo: Espiral Maior. Limiar de Isaac Lourido. 49 páxs. ISBN 978-8492646906. O filósofo coxo (2017). Culleredo: Espiral Maior. 50 páxs. ISBN 978-84-945967-5-9.
Narrativa
Os días felices de Benvido Seixas (2019). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-508-0. ePub: ISBN 978-84-9121-538-7.
Infanto xuvenil
Animalario de ler a diario (2022). Vigo: Xerais, Col. Merlín, de 7 anos en adiante. Ilustracións de Nuria Díaz. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-110-3. ePub: ISBN 978-84-1110-115-8. Libro de poemas infantís.
Tradución Do catalán ao galego Pan negro (título orixinal: Pa negre), de Emili Teixidor. Fundación Vicente Risco, 2011. As valgadas bravas (título orixinal: Els sots feréstecs), de Raimon Casellas. Editorial Hugin e Munin, 2012.As valgadas bravas , ficha na web de Hugin e Munin. Poemas de Susanna Lliberós, Sebastià Perelló e Adrià Targa. En Veus paral·leles 12. De Fisterra al cap de Creus / Voces paralelas 12. De Fisterra ao Cap de Creus. Barcelona: Rema 12 e Institució de les Lletres Catalanes, 2014. Palabras de Opoton O Vello, de Avel·lí Artís-Gener. Xerais, 2020.
Do galego ao catalán "Cos de mudances" (título orixinal: Corpo de mudanzas), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universidade de Barcelona, 2011. "El pes del meu desig" (título orixinal: O peso do meu desexo), de Begoña Paz. En Taller de traducció del gallec i del portuguès. Barcelona: Estudis Gallecs i Portuguesos - Universidade de Barcelona, 2011. El porc dempeus (título orixinal: O Porco de Pé), de Vicente Risco. Fundación Vicente Risco, 2013. Tants anys de silenci (título orixinal: Tantos anos de silencio), de Francisco Castro. Capital Books, 2020. Conquerir una espurna. Conquistar unha faísca. Escolma poética, de Ricardo Carvalho Calero. Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, Chan da Pólvora, 2020. Un senyor elegant (título orixinal: Un señor elegante), de Suso de Toro. Més Llibres, 2021. No pensis en un elefant rosa (título orixinal: Non penses nun elefante rosa), de Antía Yáñez. Contraluz, 2022. Enfeitar o ceo. Abillar el cel, de Florencio Delgado Gurriarán. Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, Chan da Pólvora, 2022. No hi queda ningú, de Brais Lamela. Kalandraka Catalunya, 2022 La ferida imaginària (título orixinal: A ferida imaxinaria), de Berta Dávila. Les Hores, 2024.
Obras colectivas
A garza insomne (2016). Vigo: Galaxia.
Artigos
"O indruvidismo: unha filosofía esquecida", Cincocentas peneiras para 25 anos. Ponteareas: Edicións Alén-Miño, 2010.Na conta Issuu de Eduard del Castillo aparece unha publicación en autoedición con título en galego e catalán, O lonxicornio: àgora internacional de pensament indrúvid, n. 1, solstici d'estiu 2011. Nel abúndase no indruvidismo e reprodúcese o manifesto con que o autor remata a súa colaboración para Cincocentas peneiras para 25 anos. “Sobre a tradución ao galego de Pa negre”. Viceversa: revista galega de tradución, 17-18 (2011-2012), p. 175-184. "Unha ollada á Galiza en liberdade", Luzes da Galiza, 47, 2011.
Premios Primeiro premio no III Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo en 2014.Un calatán acada o primeiro premio no III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, nova en Cronica3.com o 28 de outubro de 2014. XXVII Premio de poesía Pérez Parallé en 2014. Premio de poesía Xosé María Díaz Castro do Concello de Guitiriz en 2017, por O filósofo coxo."Eduard Velasco gaña o Díaz Castro de poesía" , nova en Sermos Galiza, o 28 de febreiro de 2017.
Premio Antón Losada Diéguez en 2020, por Os días felices de Benvido Seixas.Camilo Nogueira e Eduard Velasco gañan o premio Antón Losada Diéguez Finalista no Premio Merlín 2021 por Animalario de ler a diario.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
A Micro Pechado Ergac
Ligazóns externas Blog do autor Artigos de opinión de Eduard del Castillo en Sermos Galiza
Categoría:Tradutores do catalán Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1982 Categoría:Tradutores ao catalán Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Profesores da lingua catalá