Lorenzo Villanueva Irure, nado en Pamplona o 31 de xaneiro de 1956, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Na tempada 1979–80 xogou no Recreativo de Huelva en Segunda División, participando en 16 partidos e anotando 4 goles.

Na tempada 1981–82 foi xogador do Deportivo da Coruña, xogando un papel secundario no conxunto branquiazul. Participou en 10 encontros e a súa titularidade estivo condicionada polo papel dos centrocampistas titulares José Luis Vara, Juan Moreno, Agustín Peralta ou Fernando Muñoz.

Na tempada 1982–83 fichou polo Deportivo Alavés, facéndose un oco no once titular, aínda que descendendo ao final da campaña a Segunda División B.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1956 Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés