miniatura|dereita|300px|Leucanthemum vulgare, Serra de Enciña de Lastra Margarida é o nome popular común a unha gran variedade de plantas e flores. En realidade é un termo controvertido. Podería aplicarse só a planta herbácea das compostas (Bellis perennis), de follas dentadas ou fendidas e flores en capítulo, cun botón central amarelo e a corola branca; pero non existe gran concordancia entre os autores en canto á utilización deste nome, que presenta moitas variantes. Hai mesmo quen designa como "margarida" calquera planta da familia das Compositae ou compostas.

É habitual que se consideren margaridas:

Calquera planta do xénero Bellis, da familia das Compostas, entre as cales destacan: Bellis perennis, a margarida común ou europea. Bellis sylvestris. Bellis annua. As camomilas. A especie Leucanthemum vulgare ou Chrysanthemum leucanthemum. A especie Chrysanthemum frutescens. A especie Callistephus chinensis. A especie Tibouchina aspera. As especies de xerberas (xénero Gerbera spp.). Outras especies Coreopsis lanceolata Chrysanthemum coronarium Montanoa bipinnatifida Wedelia paludosa

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de margaridas de Galicia

Véxase tamén Flores

Categoría:Flores