Os Cheetahs, coñecidos por motivos de patrocinio como Toyota Cheetahs, son un equipo de rugby surafricano con sede nada cidade de Bloemfontein (Estado Libre). Após competir entre 2006 e 2017 no Super Rugby, actualmente compite no Pro14, unha competición profesional que agrupa a equipos de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O estadio onde xogan os seus partidos como local é o Free State Stadium, un recinto inaugurado en 1955 con capacidade para 46.000 espectadores.

A área de influencia do equipo abarca a metade occidental da provincia do Estado Libre, a mesma que a dos Free State Cheetahs da Currie Cup, competición entre equipos representantes das provincias ou rexións do país. Entre os anos 2006 e 2015, o club estaba asociado cos Griffons da metade oriental do estado e cos Griquas do Cabo Setentrional. Os Cheetahs foron fundados como un dos dous equipos que entraron na ampliación do Super 14 en 2006, sendo o outro os Western Force australianos, e converténdose así no quinto equipo surafricano da competición. Na súa primeira temporada, os Cheetahs tiveron un rendemento por riba do esperado, acabando en décimo lugar de catorce.

Estadio Os Cheetahs xogan os seus encontros como locais no Free State Stadium de Bloemfontein, un estadio con capacidade para 46.000 espectadores. O recinto foi empregado na Copa do Mundo de Rugby 1995 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010. Os Cheetahs tamén xogan algúns encontros no Park Stadium da cidade de Kimberley.

Elenco Os seguintes son os xogadores dos Cheetahs para o Pro14 de 2019−20.

Equipo dos Cheetahs (Pro14)Piliers Aranos Coetzee Luan de Bruin Erich de Jager Neethling Fouché Günther Janse van Vuuren Charles Marais Khwezi Mona Ox Nché Boan Venter

Talonadores Wilmar Arnoldi Joseph Dweba Marnus van der Merwe Reinach Venter

Segunda liña Justin Basson JP du Preez Sintu Manjezi Walt SteenkampTerceira liña Aidon Davis Sias Koen Daniel Maartens Chris Massyn Oupa Mohojé Abongile Nonkontwana Gerhard Olivier Junior Pokomela Henco Venter Jasper Wiese

Medios-melé Dian Badenhorst Ruben de Haas Rewan Kruger Tian Meyer (c) Ruan Pienaar

Aperturas Louis Fouché Tian Schoeman George WhiteheadCentros Benhard Janse van Rensburg Chris Smit Dries Swanepoel

Ás Craig Barry Adriaan Carelse Carel-Jan Coetzee Tapiwa Mafura Rabz Maxwane Duncan Saal William Small-Smith

Zagueiros Clayton Blommetjies Malcolm Jaer Rhyno Smith Anthony Volmink (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Traxectoria CompeticiónAnoTemporadas dos CheetahsMáx. anotador ensaiosMáx. anotador puntosNomeEnsaiosNomePuntosSuper 14200610º–13580272367–95727 5 81200711º–13481265342–774223 xogadores2 54200813º–131120255428–173913 7 47200914º–132110213341–128311 6 59201011º–13571315393–78426 5 112Super Rugby201111º–165110435437–21240 9 179201210º–165110391458–671038 7 14520136ºFinal clasif.16106038235824654 6 62201414º–164111372527–155624 6 143201513º–164120247434–187622 8 92201614º–154110377425–48521 9 79201713º—154110395551–156521 6 108Pro142017–183ºCuartos de final211290609554551563 10 862018–196º—218 12 1 541 606 –6112 46 14 134

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pro14 Super Rugby Bloemfontein

Ligazóns externas Páxina web oficial dos Cheetahs

Categoría:Equipos de rugby de Suráfrica