Rafael Hernanz Angulo, nado en Pontevedra o 21 de decembro de 1965 e finado en Madrid o 6 de setembro de 2011, foi un árbitro de fútbol galego.

Traxectoria Profesionalmente, Hernanz Angulo foi un avogado, licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Empregado de bancaFallece el ex árbitro de Primera Hernanz Angulo, La Nueva España, 8/9/2011., dedicouse á xestión de entidades deportivas e participou no equipo organizador dos Xogos Olímpicos de 1992, así como director xeral de diferentes clubs deportivos, entre eles o Pontevedra CF ou Albacete Balompié. Mestrado en Dereito deportivo pola Universidade de Lleida e diplomado posteriormente en Xestión e administración de entidades deportivas pola Complutense, tamén integrou diversos comités disciplinarios de federacións deportivas e postos como a secretaría xeral da Asociación Española de Dereito Deportivo.

Como árbitro de fútbol, en 1995 ascendeu a Segunda división española, onde disputou unicamente unha temporada, pois en 1996 conseguiu o ascenso a Primeira. Na máxima categoría resiste soamente un ano, e en 1997 descende a Segunda e ao ano seguinte regresou a Segunda B, nunha decisión que recorreu xudicialmente e que gañou. Nese ano deixou a arbitraxe e retomou a vida laboral como avogado. Recibiu a Medalla da Real Orde del Mérito Deportivo de España a título póstumo en 2011.

Vida persoal Foi irmán da poeta Beatriz Hernanz.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Deporte en Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid