Esport3 é unha canle de televisión española propiedade de Televisió de Catalunya. A canle adícase exclusivamente ao deporte. Iniciou as súas emisións en probas o 18 de outubro de 2010 e as regulares o 5 de febreiro de 2011.
Historia Comezou as súas emisións de forma regular o 5 de febreiro de 2011, ás 21:45h, cun pequeno acto de presentación no Camp Nou. A súa primeira emisión regular foi o partido de fútbol disputado entre o Fútbol Club Barcelona e o Club Atlético de Madrid, correspondente á 22ª xornada da Liga española de 1ª División.
Programación A programación de Esport 3 ten retransmisións e acontecementos deportivos, sobre todo nas franxas horarias de máxima audiencia. A canle completa a súa programación apostando por programas que se centran no estilo de vida deportiva, potenciais valores emerxentes como o feito de estar en forma, a saúde ou o aire libre. Algúns programas que formaban parte de TV3 ou el 33 son emitidos nesta nova canle.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Esport 3
Categoría:Televisió de Catalunya Categoría:Cadeas de televisión de Cataluña Categoría:Canles de televisión en lingua catalá