dereita|miniatura|Representación do rei Marco de Cornualla por Howard Pyle (1905). Marco de CornuallaBoullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. (en latín Marcus, córnico Margh, galés March, bretón Marc'h) foi un rei de Cornualla a comezos do século VI. É coñecido por aparecer nas lendas artúricas e a Materia de Bretaña como o tío de Tristán e marido de Iseu.
A lenda Marco mandou a Tristán como apoderado para recoller á súa prometida, a princesa Iseu de Irlanda. Tristán e Iseu namóranse por mor dunha apócema e teñen un romance ás costas do rei Marco. Este sospeita da traizón e posteriormente coñecerá a verdade. Nalgunhas versións ordena que aforquen a Tristán, quen escapa da morte e rescata á súa namorada do seu confinamento, para ser descuberto posteriormente polo rei. Eventualmente o rei Marco perdóaos, recuperando a Iseu e condenando ó exilio a Tristán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tristán e Iseu
Categoría:Materia de Bretaña Categoría:Mitoloxía celta