Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl é un filme dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2003.

Sinopse Século XVIII. O aventureiro capitán Jack Sparrow (Johnny Depp) é un pirata do mar Caribe, pero as súas andainas rematan cando o seu inimigo, o capitán Barbossa (Geoffrey Rush), despois de roubarlle o barco, a Perla Negra, ataca a cidade de Port Royal e secuestra a Elizabeth Swann (Keira Knightley), a filla do gobernador (Jonathan Pryce). Will Turner (Orlando Bloom), amigo da infancia de Elizabeth, únese a Jack para rescatala e recuperar a Perla Negra. Pero o prometido de Elizabeth, Comodoro Norrington (Jack Davenport), perségueos a bordo do HMS Dauntless. Ademais, Barbossa e a súa tripulación son vítimas dun conxuro que os condena a vivir eternamente e se transformar cada noite en esqueletos viventes. O conxuro só pode romperse se devolven unha peza de ouro azteca e saldan unha débeda de sangue.

Personaxes Johnny Depp como Capitán Jack Sparrow Orlando Bloom como Will Turner Keira Knightley como Elizabeth Swann Geoffrey Rush como Hector Barbossa Jack Davenport como Comodoro James Norrington Kevin McNally como Joshamee Gibbs Zoe Saldana como Anamaria Jonathan Pryce como Gobernador Weatherby Swann Lee Arenberg como Pintel Mackenzie Crook como Ragetti David Bailie como Cotton Martin Klebba como Marty

Galardóns e nomeamentos 2003: 5 nomeamentos ó Oscar, incluíndo mellor actor, maquillaxe, son e efectos visuais. 2003: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor de comedia ou musical (Johnny Depp). 2003: BAFTA: Mellor maquillaxe. 5 nomeamentos

Notas

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gore Verbinski Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados no século XVIII Categoría:Filmes ambientados en Xamaica Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes de piratas