Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest é un filme de aventuras estadounidense dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2006. É o segundo filme da saga de Piratas do Caribe, precedido por Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl e continuado por Pirates of the Caribbean: At World's End.
Foi un dos títulos propostos pola Mesa pola Normalización Lingüística para seren dobrados ao galego en 2006, como Piratas do Caribe 2: O cofre do morto, aínda que finalmente non se produciu esa dobraxe.
Sinopse esquerda|miniatura|O barco Black Pearl do filme. Will Turner (Orlando Bloom) e Elizabeth Swann (Keira Knightley) van casar, pero ambos son feitos prisioneiros por Lord Cutler Beckett (Tom Hollander) acusados de liberar o capitán Jack Sparrow (Johnny Depp). Para salvar a súa vida, Will terá que atopar a Jack e conseguir o seu misterioso compás de navegación, que agocha un gran poder e a clave dunha débeda de sangue co temible e sinistro Davy Jones (Bill Nighy), o lendario capitán do barco fantasma O holandés errante.
Personaxes esquerda|miniatura|201x201px|Keira Knightley na estrea do filme en Londres. Johnny Depp como Capitán Jack Sparrow Orlando Bloom como Will Turner Keira Knightley como Elizabeth Swann Bill Nighy como Davy Jones Jack Davenport como James Norrington Stellan Skarsgård como Bill Turner Kevin McNally como Joshamee Gibbs Tom Hollander como Lord Cutler Beckett Lee Arenberg como Pintel Mackenzie Crook como Ragetti Naomie Harris como Tia Dalma David Bailie como Cotton Jonathan Pryce como Gobernador Weatherby Swann Geoffrey Rush como Capitán Hector Barbossa esquerda|miniatura|150x150px|Durante a rodaxe e promoción do filme (2005-2006), unha embarcación chamada The Black Pearl participou na Volvo Ocean Race, comezada en Vigo en novembro de 2005.
Galardóns e nomeamentos 2006: Oscar: Mellores efectos visuais. 4 nomeamentos. 2006: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor de comedia ou musical (Johnny Depp). 2006: BAFTA: Mellores efectos especiais. 5 nomeamentos.
Notas
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gore Verbinski Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados nas Bahamas Categoría:Filmes ambientados no Caribe Categoría:Filmes ambientados no século XVIII Categoría:Filmes de capa e espada Categoría:Filmes de piratas Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América