María Goretti Fariña Caamaño, nada en Baión (Vilanova de Arousa) en 1965, é unha bióloga, profesora e escritora galega.

Traxectoria É bióloga e monitora de Medio Ambiente. Doutorouse en Enxeñería dos Residuos. É profesora de Ciencias no Colexio Sagrada Familia de Vilagarcía de Arousa e guionista produtora dunha empresa videográfica.

Obras Poesía Nai e mais ninguén, 2000, Follas Novas. Devastacións dispoñibles, 2010, Instituto de Estudos Miñoranos.

Narrativa Orlando pendurado, 2012, Xerais.

Obras colectivas Os dares e teres de Saladina, 2000, Xunta de Galicia.

Premios Premios de poesía de Marín, Mos e Begonte. Premio de narrativa de Medio Ambiente de Galicia no 1999, por Os dares e teres de Saladina. Premio de poesía do Concello de Viveiro no 1999, por Do noxo estacionario. Premio do X Certame de poesía Rosalía de Castro da Casa de Galicia de Córdoba, por Nai e mais ninguén. Premio de poesía Avelina Valladares do Concello da Estrada no 2003, por Nada por vir. Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López do Concello de Paradela no 2005, por As devocións danadas. Gañadora do XXXIII Premio de Poesía do Concello de Vilalba no 2007, por Codias canda min. Premio de poesía Victoriano Taibo no 2009, por Devastacións dispoñibles. Premio Cidade Centenaria de Ribeira no 2011, por Orlando pendurado.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Ficha da autora en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes