A sedoheptulosa, tamén chamada D-altro-heptulosa, é un monosacárido de sete átomos de carbono (heptosa) pertencente ao grupo das cetosas, xa que leva un grupo cetona no carbono 2. É unha das poucas heptosas existentes na natureza.

O seu derivado sedoheptulosa-7-fosfato intervén como intermediario na ruta da pentosa fosfato, onde se forma cando a ribosa-5-fosfato recibe un grupo de dous carbonos procedente da xilulosa-5-fosfato. Despois, a sedoheptulosa-7-fosfato reacciona co gliceraldehido-3-fosfato, dando eritrosa-4-fosfato e frutosa-6-fosfato.

Nas plantas a sedoheptulosa-1,7-difosfato e a sedoheptulosa-7-fosfato son azucres necesarios para o ciclo de Calvin da fase escura da fotosínteseLehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxinas 665-666. ISBN 84-282-0738-0.

A molécula debe o seu nome a que foi descuberta na planta Sedum spectabile en 1917 por La Forge e Hudson, que lle deron o nome de sedoheptosa. Despois estableceuse o seu carácter de cetona e recibiu o nome de sedoheptulosa. A súa configuración foi establecida estudando os seus alcohois derivados (sedoheptitol) Melville L. Wolfrom. Advances in Carbohydrate Chemistry..

Na urina dos pacientes de cistinose detéctase unha elevada concentración de sedoheptulosa. Trátase dunha doenza xenética autosómica recesiva que afecta á función dos lisosomas, e que se debe a unha mutación no xene do encima sedoheptuloquinase Elevated concentrations of sedoheptulose in bloodspots of patients with cystinosis caused by the 57-kb deletion: Implications for diagnostics and neonatal screening (in Molecular Genetics and Metabolism). 2010. Wamelink M M C, Struys E A, Jansen E E W, Blom H J, Vilboux T, Gahl W A, Kömhoff M, Jakobs C, Levtchenko E N. Academic Press..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ruta da pentosa fosfato

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos