O Brisbane Broncos é un equipo profesional de rugby league da cidade de Brisbane, en Queensland (Australia), fundado en 1988, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión en 6 ocasións. A pesar da súa xuventude, trátase do equipo máis popular do seu país, por diante dos Sydney Swans da AFL.Brisbane Broncos voted Australia's most popular football team, artigo de Foxsport.com.au Palmarés Dende a súa fundación, os Brisbane Broncos son o equipo máis laureado da NRL, con 6 campionatos. Dende 1988 só fallou 4 veces ós playoffs polo título. Títulos nacionais National Rugby League (6) = 1992, 1993, 1997, 1998, 2000, 2006 Títulos internacionais World Club Challenge (2) = 1992, 1997 Xogadores Cadro actual 230px|miniatura|dereita|Darren Lockyer, capitán dos Broncos. Allan Langer

Lenda: (1c) 1º Capitán

Estrelas do pasado O equipo estivo adestrado dende 1988 ata 2008 por Wayne Bennett, un dos mellores adestradores de rugby league da historia. Os seguintes xogadores son só algunhas das estrelas deste deporte que pasaron polas ringleiras dos Brisbane Broncos: Wendell Sailor Wally Lewis Shane Webcke Petero Civoniceva Allan Langer Gorden Tallis 250px|miniatura|dereita|Encontro dos Broncos no Suncorp Stadium. Estadio Dende 1988 ata 1993 os Brisbane Broncos xogaron os seus encontros como locais no estadio Lang Park de Brisbane. A partir de 1993 e ata 2003 o equipo tivo como fogar o estadio QSAC. En 2003, despois da reconstrución do estadio Lang Park, os Brisbane Broncos volverón ó seu primeiro estadio, no que seguen hoxe en día.

O estadio Lang Park (chamado Suncorp Stadium por razóns de patrocinio) ten capacidade para acoller 52.500 seareiros nas bancadas. Os Queensland Reds do torneo Super Rugby tamén xogan neste estadio, de xeito que os dous equipos teñen que compartilo.

Cunha media de 36.336 persoas por encontro durante a tempada 2010, os Broncos son o equipo do mundo cunha maior asistencia de seareiros ó seu estadio en calquera modalidade de rugby (rugby union ou rugby league).

Notas

Véxase tamén Outros artigos National Rugby League World Club Challenge Rugby league Brisbane Ligazóns externas Páxina oficial dos Brisbane Broncos Páxina oficial da National Rugby League

Categoría:Rugby League Categoría:Brisbane