Gleisi Helena Hoffmann, nada en Curitiba o 6 de setembro de 1965, é unha avogada e política brasileira, era xefa da Casa Civil (especie de coordenación dos ministerios) dende o 7 de xuño de 2011, nomeada pola presidenta Dilma Rousseff. É membro do Partido dos Trabalhadores, o PT, dende 1989.Conheça a trajetória política de Gleisi Hoffmann. O Estado de São Paulo (7 de xuño de 2011). Foi casada co político Paulo Bernardo.

En 1987, iniciou a graduación en Dereito da Facultade de Dereito de Curitiba e, a continuación, obtivo especialización en Xestión de Organizacións Públicas e Administración financeira na Asociación Brasileira de Orzamento público e na Escola Superior de Asuntos Fazendários do Ministerio de Facenda.

En 1999, foi secretaria de Reestruturación Administrativa, no Estado de Mato Groso do Sur. Foi tamén directora financeira da Encoro hidroeléctrico de Itaipú Binacional. Tornouse presidente do PT no Estado do Paraná. En 2010, elixiuse para o cargo de senadora.

Coa petición de dimisión de Antonio Palocci o 7 de xuño de 2011, Gleisi foi, o mesmo día, indicada ministra-xefe da Casa Civil.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Twitter

Categoría:Políticos do Brasil Categoría:Nados en Curitiba Categoría:Nados en 1965