Peking Express é un programa de telerrealidade creado en Bélxica e os Países Baixos e que ten versións noutros países como Alemaña, Dinamarca, España, Francia, Noruega ou Suecia. Este concurso é á súa vez unha versión do formato orixinal The amazing race, adaptado para non ser acusado de plaxio. En Marrocos, a canle 2M fixo a súa propia versión chamada Dakar-Fez Express, que como o seu nome indica, é unha ruta dende Dakar (Senegal) ata Fez (Marrocos), pasando por Mauritania.
Formato Mecánica do concurso No concurso, dez parellas teñen que percorrer os 10.000 km que separan dúas cidades en 13 etapas de 3 días cada unha; a parella que chegue na última posición en cada etapa é eliminada, a non ser que os salve un sobre que leva a parella gañadora da anterior etapa. Os concursantes teñen un presuposto dun euro por persoa e día para conseguir comida, mentres que o transporte e o aloxamento teñen que conseguilo gratuítamente.
Xogos de inmunidade Á metade de cada etapa os concursantes chegan a un punto no que se encontra un libro vermello no que teñen que asinar, de todos eles, os máis rápidos participan nun xogo que lles pode facer gañar a inmunidade. A parella que gañe este xogo consegue un adhesivo vermello co seu nome que lles impide ser eliminados nesa etapa mesmo.
Eliminación Ao final de cada etapa, o/a director/a de carreira informa ás parellas da súa posición na mesma. A parella que chega na última posición debe abandonar o concurso, a non ser que o sobre lacrado que leva a parella gañadora da última etapa sexa de cor verde. Se o sobre contén unha tarxeta vermella, a parella abandona inmediatamente o concurso.
Nas etapas nas que o sobre lacrado é verde, e que polo tanto non son eliminatorias, pasan á seguinte etapa tódolos concursantes; mais a parella que chegou na última posición e foi salvada polo sobre verde deberá facer o percorrido cun hándicap. O hándicap pode ralentizar a viaxe desta parella, aínda que isto depende en gran parte da pericia dos concursantes.
O kit de supervivencia Os concursantes contan cunha serie de elementos que lles son útiles para cubrir as súas etapas:
A mochila: levan a roupa, a comida que puideron mercar e os sacos para durmir á intemperie. Cada aventureiros debe levar a súa mochila obrigatoriamente á hora de chegar ao libro vermello ou á meta. Un busca: con el reciben ordes do programa, como a de que a certa hora a carreira se para e deben abandonar o medio de transport no que se encontren para procurar aloxamento ou proseguir a marcha a pé. Mapa: o mapa márcalles onde teñen que ir e por que zonas poden desprazarse. Fichas de idioma: as fichas de idioma axudan aos concursantes a comunicarse cos habitantes de cada país.
Edicións existentes
NomePaísesPresentadorRutaCanlePáxina OficialPeking ExpressPaíses BaixosBélxicaArt Rooijakkers & Roos Van Acker Ernst-Paul Hasselbach (2004)2004: Moscova - Pequín 2005: Pequín - Bombai 2006: Rach Soi - Lhasa 20px 2006: Gangotri - Cochin 2007: Río de Xaneiro - Lima 2008: Cidade de México - Caracas 20pxNET 5 & VT4VT4 NET 5Pékin expressFranciaStéphane Rotenberg2006: París - Pskov - Pequín 2007: Pequín - Bombai 2008: Río de Xaneiro - Lima 2009: Baía de Ha Long - Balí 20px 2010: Nueva Loja - Ushuaia 2010: Gangotri - Pondichery 2011: Giza - Cidade do Cabo 2012: Seúl - Sydney 2013: A Habana - Miami M6Páxina OficialPeking ExpressAlemañaPatrice Bouédibéla2005: Moscova - Pequín RTL -Peking ExpressDinamarca Suecia Noruega -2007: Moscova - Pequín TVNorge, Kanal 5 & Kanal 5TVNorgePequín ExpressEspaña Paula Vázquez (2008) Raquel Sánchez Silva (2009-2010) Jesús Vázquez (2011) 2008: Madrid - Pskov - Pequín 2009: Pequín - Bombai 2010: Hanoi - Balí 20px 2011: Kenya - Cidade do Cabo Cuatro Páxina OficialDakar Fès ExpressMarrocos Hicham Mesrar 2011: Dakar - Fez 2M Páxina Oficial
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do programa en España
Categoría:Concursos de televisión Categoría:Concursos de televisión de España