miniatura|O amencer en Monte Pío durante o inverno. A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (San Xoán de Fóra, Santiago de Compostela).

Características Foi deseñada por Manuel Gallego Jorreto nuns terreos que foron cedidos polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nunha faldra do barrio compostelán de Casas Novas. Canda o proxecto de residencia, habilitouse unha zona anexa como parque público. Foi estreada en 2002 por Manuel Fraga. Neste complexo viviron até o momento o propio Fraga, o socialista Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo e mais Alfonso Rueda. Ten 25.000 m² (o total, coa zona verde do parque é de 70.000 m²El parque de Monte Pío implica la cesión a la Xunta de Galicia de un edificio del Hórreo en La Voz de Galicia o 19 de febreiro de 2001.) e dúas áreas definidas: a da vivenda e mais unha zona dedicada á actividade institucional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Info xeral en El Correo Gallego.

Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela