miniatura|dereita|O arquipélago situado na costa sur de Finlandia, no Mar Báltico. miniatura|dereita|O arquipélago de Hawai. Un arquipélago é un conxunto de illas relativamente próximas unhas das outras. A proximidade débese, xeralmente, a unha orixe xeolóxica común para a totalidade do arquipélago, que normalmente se forma ao longo dunha dorsal oceánica.
Características Etimoloxía A palabra vén do grego Αρхιπέλαγος (Archipelagos), ou "mar principal" e designaba orixinalmente o mar Exeo, caracterizado polo seu gran número de illas (cícladas, Esporadas, Salamina, Eubea, Samotracia, Lemnos, Samos, Lesbos, Quios, Rodas etc.). Posteriormente, esta palabra pasou a denominar as Illas exeas en si. Cando Marco Sanudo, xeneral veneciano, tomoulle a maioría delas ao Imperio Bizantino a comezos do século XIII, converteuse en duque do Arquipélago.
Arquipélagos Europa Illas Canarias (España) Illas Lofoten (Noruega) Illas Feroe (Dinamarca) Illas Shetland (Reino Unido) Illas Orcadas (Reino Unido) Illas Anglo-normandas (Reino Unido) Illas Baleares (España) Illas Eolias (Italia) Illas Xónicas (Grecia) Dodecaneso (Grecia) Cícladas (Grecia) Espóradas (Grecia) África Cabo Verde Comores Zanzíbar (Tanzania) Mascareñas (Mauricio e Francia) Seychelles América Antillas Aleutianas (nos Estados Unidos) Galápagos (Ecuador) Asia Maldivas Indonesia Xapón Filipinas Oceanía Hawai (nos Estados Unidos) Fiji Micronesia
Véxase tamén Outros artigos Arco insular Estado arquipélago