O 19 de marzo é o 78º día do ano do calendario gregoriano e o 79º nos anos bisestos. Quedan 287 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1982 - Guerra das Malvinas: Tropas arxentinas desembarcan en Xeorxia do Sur. 2003 - Comeza a Segunda Guerra do Golfo. A causa da diferenza horaria, o comezo prodúcese ás 01:00 UTC (02:00 CET) do 20 de marzo.
Nacementos miniatura|125px|dereita|Antonio Neira de Mosquera. 1534 - José de Anchieta, pai xesuíta español que traballou no Brasil (m. 1597). 1812 - Joaquín Avendaño Bernárdez, pedagogo galego (m. 1886). 1813 - David Livingstone, misionario e explorador inglés (m. 1873). 1821 - Richard Francis Burton, explorador inglés (m. 1890). 1822 - José Benito Amado Boullosa, político galego (m. 1886). 1823 - Antonio Neira de Mosquera, polígrafo galego (m. 1854). 1871 - Ramón Parada Justel, pintor galego (m. 1902). 1874 - José María Alonso Cortón, sacerdote e profesor galego (m. 1923). 1883 - Walter Norman Haworth, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (m. 1950). 1888 - Josef Albers, artista alemán (m. 1976). 1900 - Frédéric Joliot-Curie, físico francés, Premio Nobel de Física (m. 1958). 1906 - Adolf Eichmann, oficial nazi alemán (m. 1962). 1917 - Francisco Rey Balbís, guerrilleiro antifranquista galego (m. 2010). 1926 - José María Fórneas Besteiro, filólogo galego. 1928 - Hans Küng, sacerdote, filósofo e teólogo suízo. 1930 - Ornette Coleman, músico estadounidense de jazz. 1933 - Philip Roth, escritor estadounidense (m. 2018). 1936 - Ursula Andress, actriz suíza. 1943 - José Legrá, boxeador cubano de nacionalidade española. 1943 - Mario J. Molina, químico mexicano, Premio Nobel. 1946 - Dan Turèll, escritor de Dinamarca. 1947 - Glenn Close, actriz estadounidense. 1951 - María Dolores Rodríguez Seijas, política galega. 1955 - Bruce Willis, actor estadounidense. 1955 - Paco Campos, actor galego. 1960 - Marie-Rose Armesto, xornalista belga de ascendencia galega. 1979 - María Vázquez, actriz galega.
Mortes miniatura|125px|dereita|Louis de Broglie. 1721 - Papa Clemente XI (n. 1649). 1934 - Heliodoro Gallego Armesto, matemático, físico e xeógrafo galego (n. 1872). 1938 - Carmen López-Cortón, mestra galega. 1948 - José Pan de Soraluce, político e diplomático galego (n. 1875). 1950 - Walter Norman Haworth, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1883). 1950 - Edgar Rice Burroughs, autor de ciencia ficción británico. 1987 - Louis de Broglie, físico francés, Premio Nobel (n. 1892). 1999 - José Agustín Goytisolo, escritor español (n. 1928). 2005 - Carlos Otero Díaz, economista e político galego (n. 1932). 2008 - Arthur C. Clarke, científico e escritor británico (n. 1917). 2026 - Silvino Louro, gardameta portugués (n. 1959). Chuck Norris, actor de acción estadounidense (n. 1940).
Festas e celebracións Día de San Xosé, adoitado como Día do Pai As Fallas en Valencia, España Festas patronais en Santarém, Portugal.
Outros Santoral: San Xosé, Patrón da Igrexa Universal. Santos: Apolonio e Leoncio, bispos; Xoán, Bertulfo, abades; Landoaldo, presbítero; Amancio, diácono; Quinto, Quintila, Cuartila, Marcos, Pancario, Cándido, Alcmondo, mártires.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
Categoría:Marzo