é unha serie anime xaponesa producida pola Toei Animation. Trátase dunha adaptación dos primeiros 194 capítulos do manga Dragon Ball creado por Akira Toriyama, que foron publicados en Weekly Shōnen Jump dende 1984 até 1988. O anime componse de 153 episodios que foron orixinalmente emitidos a través de Fuji TV entre o 26 de febreiro de 1986 e o 19 de abril de 1989. Os primeiros 26 capítulos da serie emitíronse por primeira vez en galego no ano 1989, mentres que o resto emitiuse en febreiro de 1990 a través da TVG no programa Xabarín Club.

As bólas máxicas conta as aventuras do protagonista Son Goku, un forte e inocente rapaz que, despois de encontrarse con Bulma, proponse reunir as sete bólas do Dragón que conceden desexos. Despois de converterse en alumno do experto en artes marciais Mestre Mutenroi, el e o seu compañeiro e amigo Krilín compiten nun torneo que atrae ós meirandes loitadores do mundo. Despois emprende unha viaxe só e acaba enfrontándose e destruíndo o Exército de Red por si mesmo. Cando Krilín é asasinado despois doutro torneo, Son Goku busca vingarse do seu asasino, Piccoro Daimaō. Tres anos despois, Son Goku, agora un mozo adulto, debe loitar contra o fillo de Piccoro Daimao, Piccoro. Os restantes 325 capítulos do manga foron adaptados na serie anime Dragon Ball Z.

Historia

Sinopse Este anime conta a infancia e a adolescencia de Son Goku, un neno con grande habilidade para as Artes marciais, que ten un misterioso rabo de mono. Despois do seu encontro con Bulma, parten xuntos na busca das Bólas do Dragón, que teñen a facultade de conceder calquera desexo se se conseguen reunir as sete.

Personaxes

Lista de episodios

Dobraxe Estudio: CTV Galaxia S.A. (Vigo) Data: 1988-1989 (1-26), 1990 (27-153) Tradución: David Canoa e Miguel Vijande Dirección e axustes: Ana Alonso (1-26), Antón Pazos (27-153) Técnicos de sala: Manolo e Servando Sabucedo Actores da dobraxe:

Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal (Seiyū)NarradorJorge Pedrosa (Subst.)Jōji YanamiSon Goku (Cativo)Tonia FuentesMasako NozawaSon Goku (Adulto)Julio LorenzoBulmaLuz TelleríaHiromi TsuruAna Lemos (Subst.)KrilínCarolina VázquezMayumi TanakaÓscar Fernández (Subst.)Mestre MutenroiAntonio DuránKōhei MiyauchiYamchaAlfonso AgraTōru FuruyaOolongManuel PombalNaoki TatsutaPuarMaría José CollazoNaoko WatanabeChichi (Cativa)Charo MartínezMayumi ShōChichi (Adulta)Teresa SantamaríaGyumaoXosé LoisDaisuke GōriTartaruga?LunchTrinidad MorenzaMami KoyamaTen Shin HanAntón PazosHirotaka SuzuokiChaozCharo MartínezHiroko EmoriKarínBernardo XoséIchirō NagaiDeusSantiago PousaTakeshi AonoYajirobeJulio LorenzoMayumi TanakaFernando Bustelo (Subst.)BoraSantiago PousaBanjō GingaUpaHelena AmoedoMitsuko HoriePilaf?Shigeru ChibaShuu?Tesshō GendaMaiAna A.Eiko YamadaMaika Aguado (Subst.)Tou Pai PaiJuan DiéguezChikao ŌtsukaMestre CorvoBernardo XoséIchirō NagaiBaba a vedoiraAlicia BorrásJunpei TakiguchiSeñor PopoFernando BarreiroToku NishioSon Gohanda (avó)?Osamu SakaComandante Red?Kenji UtsumiXeneral Black?Masaharu SatōXeneral SilverGonzalo FaíldeBanjō GingaXeneral BlueToshio FurukawaPresentador do Gran TorneoTacho GonzálezKenji UtsumiGonzalo Faílde (Subst.)Piccoro DaimaōSantiago PousaTakeshi AonoPiccoroCoté SansegundoToshio FurukawaAraleTeresa SantamaríaMami Koyama

Suso Álvarez Beatriz García

Temas musicais Dragon Ball só conta cun tema de abertura e máis cun de pechamento. O tema principal é a canción "Makafushigi Adventure!", en galego "Mistoriosa aventura!", interpretada por Hiroki Takahashi na súa versión orixinal e por Gonzalo Faílde e máis Beatriz García na versión galega. O tema de pechamento do anime é a melodía "Romantic Ageru Yo", "Heiche dar romance" que na orixinal xaponesa interprétaa a cantante Ushio Hashimoto e a versión en galego faina Maika Aguado.

Abertura 1. "Misteriosa aventura!" [Makafushigi Adventure] de Hiroki Takahashi. Interpretada en galego por Gonzalo Faílde e Beatriz García. "Temos que buscar a bóla do dragón, é un gran misterio e unha conmoción. Temos que pillar a bóla do dragón. Entre tódolos misterios, ten grande emoción. É un mundo alegre nun país encantado, entre todos moi contentos poderémolo atrapar.

Haiche cousas preciosas nas que se transformar, colle-lo espacio na nube e así poder viaxar. A aventura comeza, vámola buscar, buscar, buscar, buscar, buscar por mares e montañas e polo universo enteiro tentándolla roubar ó dragón milagreiro e así a bóla por fin connosco estará.

Tentarémolo dunha vez, agora xa non hai perigo. Cos meus golpes e o meu bastón, conseguirei traer dunha vez ao dragón.

Temos que buscar a bóla do dragón, é un gran misterio e unha conmoción. Temos que pillar a bóla do dragón. Entre tódolos misterios, ten gran emoción É un mundo alegre nun país encantado Entre todos moi contentos poderémolo atrapar."

Peche 1. "Heiche dar romance" [Romantic Ageru yo] de Ushio Hashimoto. Interpretada en galego por Maika Aguado. "Todo é moi fabuloso, misterioso, soñador e quero ir contigo a esta viaxa estraña e moi lonxana. Debes vivir ben esperto, non mirar nunca atrás, só así, loitando, poderás triunfar.

Levanta os ollos, mírame se queres que te queira. Será tan forte o noso amor que nos dará valor. Quero vivir aventuras, quero vivilas aquí, porque sei que ti tamén o queres así.

Ti tamén queres amor e alegra-lo corazón, pero para conseguilo terás que loitar. Xa sei que os fas por min, porque queres ter amor. E se estás lonxe de min... pensa que coa túa ausencia non podo vivir."

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dragon Ball : O manga Dragon Ball Z : A segunda parte do anime Dragon Ball GT : A terceira parte do anime Dragon Ball Z Kai : Adaptación remasterizada da segunda parte do anime

Ligazóns externas Toei Dragon Ball website

Categoría:Dragon Ball Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Anime con versión galega Categoría:Xabarín Club