Utupua é unha illa das Illas Santa Cruz, situada 66 km ao sueste do grupo principal das Illas, entre Vanikolo e Santa Cruz. Pertence administrativamente á provincia de Temotu, nas Illas Salomón.
Utupua é unha illa elevada rodeada dun arrecife de coral. Ten unha área de 69 km² e o seu punto máis alto é de 380 m.
Utupua posuía unha poboación de 848 habitantes en 1999, esparexida en pequenas poboacións. As principais poboacións da illa son Avita, Malombo, Tanimbili, Apakho e Nembao.
Véxase tamén Información sobre Utupua
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas das Salomón