Afonso Eiré López, tamén coñecido como Pucheiro, nado en Río Pedroso (A Laxe, Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso estando no instituto de Chantada e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Xogou de porteiro no Chantada de fútbol. Estudou xornalismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Foi comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra.

Usou o pseudónimo Pucheiro sobre todo nas crónicas e comentarios deportivos. Colaborou na TVG, foi comentarista na Radio Galega e na SER Galicia e mantivo unha columna semanal en El Correo Gallego.

Traxectoria literaria miniatura|Presentación de Memorias dunha vaca marela en Pontevedra, 2018. Con Anxo González Guerra (esquerda) e Xosé Abilleira (dereita) Amigos sempre (1998) é a súa primeira novela de formación, recrea a vida no Seminario de Lugo nos anos 60.

O coxo de Vilarelle (2004) é unha novela que recrea o feito histórico na contorna de Chantada arredor da suposta mellora da estrada nacional de Ourense a Lugo.

Os bicos de Tina (2009) fala unha muller madura a piques de atoparse de novo co amor platónico da súa vida, o mesmo que abandonou de nova por un futuro de cartos en Barcelona e plasma o espertar sexual de dous nenos nunha aldea, nun tempo de papel.

O penalti de Fuco (2012): o árbitro pita un penalti na final da Copa do Rei de fútbol, que se xoga no Santiago Bernabeu entre o Real Madrid e o FC Barcelona, é o punto de partida dunha novela, no que o tempo se detén e en pouco máis de cinco minutos reais transcorre a historia de Francisco Rodríguez.

Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo (2013) é unha historia de espías. Xosé Torga é militante da UPG, investiga e descobre o papel dos servizos secrertos españois nos distintos conflitos internos que sufriu o nacionalismo galego.

En Eu estaba alí (2014) lembra os principais episodios da viga galega: a ruptura do BNG, Cuíña Crespo e Fraga Iribarne, Carlos Mella e Barreiro Rivas, O Piloto, a morte de Amador e Daniel, de Moncho Reboiras. E as batallas das Encrobas, Baldaio, Xove, A Cota Empresarial, O Xurelo. Ademais do Estatuto de Autonomía, o intento de secuestro de Gómez Franqueira, a disolución do Partido Galleguista etc.

O Piloto. O último guerrilleiro (2015) é un libro de investigación novelada sobre Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto.

A morte do meu pai (2017) é unha historia persoal que recolle os últimos días do pai e as relfexións que lle vai provocando.

En Memorias dunha vaca marela (2018) volve a Cachorra, protagonista de Eu tamén fun coas vacas que directamente conta a súa vida na que se ve a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial.

A maxia da auga (2020) é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga.

Ausentes (2022) é o libro global da nosa emigración. Non só son as historias dos que marchan aos distintos países de América, de Europa ou do estado español, senón tamén dos que quedan. Todos sofren de Ausencia.

O militante (2024) Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical lembra os principais episodios económico-políticos nos que participou como dirixente nacionalista e como presidente do Comité de Empresa de Caixasur.

Obras Ensaio O fútbol na sociedade galega (1998). A Nosa Terra. ISBN 9788489976511. Chantada na historia (2010). A Nosa Terra. 93 páxs. ISBN 9788483414538. Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo (2013). Biblos Clube. 192 páxs. ISBN 9788415086369. Belesar. O orgullo de España (2013). Hércules. 120 páxs. ISBN 978-84-92715-71-8. Eu estaba alí (2014). Hércules. 256 páxs. ISBN 978-84-92715-84-8. O Piloto. O último guerrilleiro (2015) Hércules. En castelán O Piloto. El último guerrillero, ISBN 978-84-944396-0-5. 100 anos de selección galega. (2022). Fundación Galiza Sempre.

Narrativa Amigos sempre (1998). Espiral Maior. A Nosa Terra, 2010, 295 páxs. ISBN 9788483414705. Eu tamén fun coas vacas (2000). Espiral Maior. 124 páxs. ISBN 9788495625144. O coxo de Vilarelle (2004). Espiral Maior. 188 páxs. ISBN 84-88137-97-4. Os bicos de Tina (2009). A Nosa Terra. 156 páxs. ISBN 978-84-8341-315-9. O penalti de Fuco (2012). Baía Ed. 185 páxs. ISBN 9788492630578. A morte do meu pai (2017). Hércules de Ediciones. 160 páxs. ISBN 9788494650260. Memorias dunha vaca marela (2018) Hércules de Ediciones. 240 páxs. ISBN 978-84-948619-1-8. A maxia da auga (2020). Hércules de Ediciones. 152 páxs. ISBN 978-84-120974-81. Ausentes (2022). Hércules de Ediciones. 304 páxs. ISBN 9788418966422. O militante (2024). Hércules de Ediciones. 272 páxs. ISBN 978-84-19754-47-9.

Guións Asolagados (2013). Documental. O Piloto (2015). Documental.

Colaboracións en obras colectivas Xornalistas ante a Lei. Edicións Lea. Libro de ouro (1999). Deputación de Lugo. Crónicas chantadinas (2004). Deputación de Lugo. Café de 4 A 4. 25 aniversario. VG.223-2006. No país da irmandade (2007). Deputación da Coruña. En defensa do Poleiro (2010). Toxosoutos. Xabarín 18 (2013). EEI Monte da Guía; Concello de Vigo; Galaxia. Homenaxe a Neira Vilas. E. Ismael González. Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo (2016). Autor de "Fidel Castro, neto de galegos pobres". Hercules. Coordinador. Moncho Valcarce, un dos inesquecibles (2018). Deputación da Coruña. ISBN 9788498123388 Els maquis: la resistència armada contra el franquisme (1936-1965) (2020). Valencia.

Recoñecementos Premio de Narracións da Caixa Provincial de Lugo. Premio Especial Puro Cora. Premio Galicia de Ensaio. Premio Moncho do Pío, concedido polas adegas Terras de Bendaña a traballos xornalísticos sobre a Ribeira Sacra. Premio Galicia de Xornalismo en dúas ocasións. Premio de xornalismo Julio Camba en 1999. Premio Manuel María á "dignidade nacional" (2007). A Nosa Terra recibiu a Medalla Castelao na súa persoa sendo el director.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 20pxPresentación de "Memorias dunha vaca marela" (2018)

Categoría:Xornalistas de Chantada Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1955