Elena Alexandra Apostoleanu, máis coñecida como Inna, nada en Mangalia o 16 de outubro de 1986, é unha cantante romanesa de música dance.
Traxectoria Debutou en 2008 co seu álbum Hot producido por Play & Win, un grupo house composto por tres mozos romaneses. O sinxelo principal do álbum, tamén titulado "Hot" liderou os primeiros postos das listas de éxitos en Romanía, Bulgaria, Portugal, Polonia, España, Países Baixos, Rusia, Hungría, Turquía e GreciaNoul single Inna, în exclusivitate la Radio 21 . Libertatea. 21 de xuño de 2009Inna, pe locul I în topul Nielsen. Telegraful. 21 de xuño de 2009. O segundo sinxelo promocional do álbum titúlase "Love". Foi nomeada como mellor cantante e mellor sinxelo nos "Eska Awards" en Polonia. Inna lanzou como terceiro sinxelo promocional unha canción titulada "Déjà Vu" en colaboración con Bob Taylor que se converteu nun éxito en Romanía, Bulgaria, Rusia, Hungría e España. Nos Romania Music Awards que tiveron lugar en Craiova, Inna gañou os premios a Mellor Coreografía, Mellor Posta en Escena,1music.ro. RMA 2009. 21 de xuño de 2009. e o premio Best Border Breaker, outorgado a aqueles cantantes que máis éxitos cultivaron fóra de Romanía.
Inna asinou un contrato coa discográfica Ultra Records para promover Hot nos Estados Unidos, o Canadá e o Reino Unido.
Discografía Álbums de estudio Hot (2009) I Am The Club Rocker (2011)
EP's Inna: Best Of (2009) Hit The List: Tabu (2010)
Álbums de remixes The Remix Collection (2010) The Remix Collection (Part II) (2011)
Sinxelos Hot Hot (2008) Love (2009) Déjà Vu (Con Bob Taylor) (2009) Amazing (2009) I Need You For Christmas (2009)
Hot (Spanish Edition) 10 Minutes (2010)
I Am The Club Rocker Sun Is Up (2010) Club Rocker (con Flo Rida) (2011) Un Momento (con Juan Magan) (2011) W.O.W - Inna (2011)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial Sitio oficial de Inna en YouTube Sitio oficial de Inna en Twitter Sitio oficial de Inna en MySpace Sitio oficial de Inna en Facebook Sitio da artista en Ultra Records
Categoría:Cantantes de Romanía Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Romanía