Nelly Kim Furtado, nada en Victoria, Columbia Británica, Canadá, o 2 de decembro de 1978, é unha cantante, compositora e produtora luso-canadense. Traxectoria

Furtado saltou á fama a finais do ano 2000 ao lanzar o seu álbum debut, Whoa, Nelly!, desprendendo o seu éxito gañador do Grammy por Mellor Actuación Vocal Feminina de Pop, "I'm Like a Bird". Logo de converterse en nai, lanzou Folklore en 2003, un álbum menos exitoso comercialmente, con sinxelos como "Powerless (Say What You Want)", "Try" e "Força", que foi o himno oficial da Eurocopa de Fútbol de 2004.

En 2006 regresa baixo as influencias musicais do produtor Timbaland e lanza o seu álbum máis exitoso Loose, do que se extraen catro grandes éxitos internacionais: "Promiscuous", "Maneater", "All Good Things (Come to an End)" e "Say It Right". En 2009 lanza o seu cuarto álbum e o primeiro en español, Mi Plan con sinxelos como, "Manos al Aire", "Más", "Fuerte" e "Bajo Otra Luz" coa colaboración de Julieta Venegas e La Mala Rodríguez. O álbum recibiu un Grammy Latino por Mellor Álbum Pop Vogal Feminino.

Celebrando os seus 10 anos de carreira lanza, The Best of Nelly Furtado en novembro de 2010 desprendendo o sinxelo "Night Is Young".

Furtado é coñecida por experimentar con diferentes instrumentos, sons, estilos vocais e idiomas. Esta diversidade foi influenciada polo seu gusto musical de grande alcance e o seu interese en diferentes culturas. Vendeu mais de 25 millóns de álbums en todo o mundo, os cales chegaron a ocupar os primeiros postos no Billboard. No 2007 colocouse na lista das mulleres cantautoras máis exitosas de todos os tempos.

Discografía Álbums de estudio 2000: Whoa, Nelly! 2003: Folklore 2006: Loose 2009: Mi Plan 2012: The Spirit Indestructible 2017: The Ride 2024: 7

Compilacións, EP's e reximes 2004: Sessions@AOL 2006: Live Session (Itunes Exclusive) 2007: Loose: The Concert 2008: Edición Limitada en Español 2010: Mi Plan Remixes 2010: The Best of Nelly Furtado

Sinxelos "Party's Just Begun (Again)" "I'm Like A Bird" "Turn Off The Light" "...On The Radio (Remember The Days)" "Hey, Man!" "Powerless (Say What You Want)" "Try" "Força" "Explode" "The Grass Is Green" "No Hay Igual" (con Calle 13) "Promiscuous" (con Timbaland) "Maneater" "Te busqué" (con Juanes) "Say It Right" "All The Good Things (Come to an End)" "In God's Hands" "Do It" "Manos al Aire" "Más" "Bajo Otra Luz" (con Julieta Venegas e La Mala Rodríguez) "Night Is Young" "Fuerte" (con Concha Buika)

Xiras 2001: Burn In The Spotlight Tour 2004: Come As You Are Tour 2006—2008: Get Loose Tour 2010: Mi Plan Tour

Filmografía

AnoTítuloPapelNotas 2001 Roswell Ela mesma Interpretando I'm like a bird. 2006 Floribella Ela mesma Interpretando Maneater. 2007 One Life to Live Ela mesma Interpretando Say It Right e Promiscuous. CSI: NY 3x15 Ava Brandt Interpretando a unha criminal profesional acusada de asasinato. Punk'd Ela mesma Vítima dunha broma televisiva. 2008 Max Payne Christa Balder Esposa do mellor amigo do protagonista. 2010 Big Brother Brasil Ela mesma Reality show do Brasil. Score: A Hockey Musical Fan de Hockey Musical canadense de comedia, drama e deportes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio Web Oficial de Nelly Furtado

Categoría:Músicos do Canadá Categoría:Nados na Columbia Británica Categoría:Nados en 1978