The Modern Lovers foi unha banda estadounidense liderada por Jonathan Richman activa durante os anos 70 e 80. O grupo orixinal existiu de 1970 a 1974 pero as súas gravacións non foron publicadas ata 1976. O grupo contaba con Richman e o baixista Ernie Brooks ao lado do batería David Robinson (despois en The Cars) e o teclista Jerry Harrison (posteriormente en Talking Heads). O son da banda tiña moitas influencias de The Velvet Underground, e adoita a ser clasificado como "protopunk". The Modern Lovers sinalou o camiño a seguir para gran parte da música punk rock, new wave, alternativa e indie rock de décadas posteriores.

Posteriormente, entre 1976 e 1988, Richman usou o nome Modern Lovers para varias bandas de acompañamento, sempre anunciadas como "Jonathan Richman and the Modern Lovers". Eses grupos foron máis tranquilos e de máis baixo perfil que a orixinal, moitas veces case infantil, con cancións baseadas no folk-rock e outros xéneros. Dos compañeiros orixinais de Richman, só Robinson formaría parte noutra destas encarnacións de The Modern Lovers.

Discografía The Modern Lovers The Modern Lovers - 1976 The Original Modern Lovers - 1981

Álbums ao vivo Live at the Longbranch Saloon - 1992 Precise Modern Lovers Order - 1994 Live at the Longbranch and More - 1998

Jonathan Richman and the Modern Lovers Jonathan Richman and the Modern Lovers - 1976 Rock 'n' Roll with the Modern Lovers - 1977 Modern Lovers 'Live''' - 1978 Back in Your Life - 1979 Jonathan Sings! - 1983 Rockin' and Romance - 1985 It's Time For … - 1986 Modern Lovers 88'' - 1988

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de Massachusetts