A bandeira de Burundi está composta por unha cruz de Santo André de cor branca dividindo a bandeira en catro áreas, sendo a superior e a inferior de cor vermella, e as laterais de cor verde. No centro da bandeira aparece un círculo branco que contén tres estrelas vermellas de seis puntas perfiladas en verde, que simbolizan os tres grupos étnicos maioritarios de Burundi: os hutus, os twa e os tutsis. Tamén simbolizan os tres elementos do lema nacional: unidade, traballo e progreso, que se poden ler no escudo de Burundi.Guide to the Flags of the World by Mauro Talocci, revised and updated by Whitney Smith (ISBN 0-688-01141-1), p. 153.

Foi adoptada o 28 de xuño de 1967, e trocouse a proporción orixinal da bandeira, que era de 2:3, o 27 de setembro de 1982, pasando a ser de 3:5.

Significado das cores Verde: simboliza a esperanza. Branco: simboliza a paz. Vermello: representa os que caeron na loita pola independencia.

Antigas versións da bandeira

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Burundi en Flags of the World

Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Símbolos de Burundi Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1967 Categoría:Bandeiras introducidas en 1982