O franco ruandés (en kiñaruanda Ifaranga y'u Rwanda, e en francés Franc Rwandais) é a moeda de Ruanda dende 1960. O seu código ISO 4217 é RWF, e o seu símbolo actual é FRw,National Bank of Rwanda. "Currency characteristics , tamén RFUniversity of British Columbia: Saunders School of Business. "Currencies of the World ou R₣;Lonely Planet. "Rwanda. Subdivídese en 100 centimesNational Bank of Rwanda. "Legal tender , mais actualmente non se emprega a moeda fraccionaria.
Historia O franco converteuse na moeda de Ruanda en 1916, cando Bélxica ocupou a antiga colonia alemá, e o franco do Congo Belga pasou a substituír a rupia da África Oriental Alemá. Ruanda empregou a moeda do Congo Belga ata 1960, ano no que se introduciu o franco de Ruanda e Burundi. Catro anos máis tarde, en 1964, Ruanda comezou a emitir os seus propios francos.
Existen plans para introducir unha moeda común, o novo xilin da África Oriental, para os cinco estados membros da East African Community a finais do 2012.
Billetes En 1964, os billetes emitidos polo Banco Central de Ruanda-Urundi foron reutilizados estampándolles un selo propio de Ruanda. Estes billetes tiñan denominacións de 20, 50, 100, 500 e 1.000 francos. A estes seguíronlles novas emisións propias nas mesmas denominacións. En 1977 substituíronse os billetes de 20 e 50 francos por moedas, e en 1978 engadiuse o billete de 5.000 francos. No 2007 introduciuse un novo billete de 2.000 francos.
Tralo xenocidio de Ruanda en 1994, imprimíronse novas series de billetes eliminando os antigos escudos de armas do país e outras insignias que recordaran o antigo réxime.
A última serie de billetes emitidos á a seguinte:
+Series de 2003-2004 Denominación Efixie Cor predominante Dimensións 100 Francos Bois e Lago Kivu Laranxa 65 x 130 mm 500 Francos Edificio do Banco Nacional e plantación de té Verde 72 x 135 mm 1.000 Francos Museo Nacional e Cercopithecus mitis Azul 72 x 140 mm 2.000 Francos Antena parabólica Rosa 72 x 142 mm 5.000 Francos Gorilla beringei beringei Violeta 72 x 145 mm
Moedas en circulación En 1964 introducíronse moedas de 1, 5 e 10 francos, a primeira e última en cuproníquel e a de 5 francos de broncealuminio. En 1969 substituiuse o níquel por aluminio nas denominacións de 1 franco, e en 1970 engadíronse moedas de ½ e 2 francos, tamén de aluminio. En 1974 reduciuse o tamaño das moedas de 10 francos, e en 1977 acuñáronse novas denominacións de 20 e 50 francos de latón.
Ao igual que cos billetes, acuñáronse novos deseños eliminando os símbolos e insignias das emisións anteriores a 1994.
Denominación Período de circulación Metal Diámetro (mm.) Peso (gr.) Anverso Reverso Imaxe 1 Franco 1974-1985 Aluminio 21,00 1,00 Sorgo e ano Valor facial e escudo de armas 2 Francos 1970 Aluminio 23,50 1,50 Home con agaseke e ano Valor facial e escudo de armas 5 Francos 1974-1987 Latón 25,50 5,00 Coffea e ano Valor facial e escudo de arnas 10 Francos 1974-1985 Cuproníquel 26,50 7,10 Coffea e ano Valor facial e escudo de armas 20 Francos 1982-1989 Latón 27,00 8,10 Banana e ano Valor facial e escudo de armas 50 Francos 1977 Latón 29,00 10,10 Planta e ano Valor facial e escudo de armas
A última serie de moedas acuñada detállase a continuación:
Denominación Circuladende Metal Forma Diámetro (mm.) Peso (gr.) Canto Anverso Reverso Anel Centro 1 Franco 2003 Aluminio Circular 16,00 0,70 Liso Sorgo e ano Escudo e valor facial 5 Francos 2003 Latón Circular 20,00 3,00 Liso Coffea e ano Escudo e valor facial 10 Francos 2003 Latón Circular 24,00 5,00 Liso Banana e ano Escudo e valor facial 20 Francos 2003 Aceiro Circular 20,00 3,50 Liso Planta e ano Escudo e valor facial 50 Francos 2003 Aceiro Circular 24,00 5,80 Liso Millo e ano Escudo e valor facial 100 Francos 2007 Níquel Cobre Circular 26,00 7,50 Liso Escudo e valor facial Escudo e ano
A composición da moeda de 1 franco é dun 98% de aluminio e un 2% de magnesio, mentres que as moedas de 5 e 10 francos son de bronce. Os compoñentes das moedas de 20 francos e 50 francos son aceiro e níquel prateado. No 2008 entrou en circulación a moeda bimetálica de 100 francos composta de aceiro inóxidable con núcleo chapado en cobre e anel de níquel.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Banque Nationale du Rwanda
Categoría:Franco (moeda) Ruanda Categoría:Ruanda Categoría:ISO 4217