Paul Preston, nado en Liverpool en 1946, é un historiador británico de prestixio.
Traxectoria É autor de diversas obras sobre a Historia Contemporánea de España, é doutor en Historia pola Universidade de Oxford e catedrático de Historia Contemporánea española e director do Centro Cañada Blanch para o Estudo da España Contemporánea (London School of Economics). Tamén foi profesor de Historia na Universidade de Reading, no Centro de Estudos Mediterráneos, e no Queen Mary College. miniatura|dereita|Preston en 2008. Xunto a Ian Gibson e Hugh Thomas, constitúe o núcleo dos hispanistas británicos que dedicaron o seu esforzo ao estudo da historia recente española, especialmente á da Segunda República e a guerra civil españolas.
É membro da Academia Británica.
Véxase tamén
Outros artigos Ian Gibson Ligazóns externas 25 años después de Franco Paul Preston. El País digital.
Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Nados en 1946 Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Comendadores da Orde do Mérito Civil Categoría:Profesores da Universidade de Reading