Esquerda de Galicia foi un partido político galego de esquerdas formado en 1997.

Traxectoria En 1997 unha parte de Esquerda Unida encabezada polo coordinador xeral, Anxo Guerreiro (apoiado dende Madrid polo PDNI), decidiu coligarse co PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas, pacto que foi aprobado por ampla maioría no seu consello nacional o 24 de maio."Guerreiro no espera «represalias» de Anguita por ir con el PSOE a los comicios", La Voz de Galicia, 25-5-1997, p. 5.

Acudiron ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, obtendo dous deputados (Anxo Guerreiro e Xosé Manuel Pazos). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida (minoritaria) que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).

Posteriormente, o grupo que decidiu participar có PSdeG-PSOE, transformouse en Esquerda de Galicia e os tribunais concederíanlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.

Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e moitos membros da organización reintegráronse en EU-IU.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Esquerda de Galicia, arquivada en Wayback Machine.

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia