Xosé Manuel Carballo Ferreiro, nado en Goberno (Castro de Rei) en 1944 e finado o 28 de outubro de 2017"Fallece Xosé Manuel Carballo, párroco, mago e impulsor cultural", artigo en El Progreso, 29 de outubro de 2017 ., foi un sacerdote, escritor, ilusionista e animador sociocultural galego.

Traxectoria Estudou no seminario de Mondoñedo e foi ordenado sacerdote en Vilanova de Lourenzá en 1966. Posteriormente pasou como formador ao Seminario de Mondoñedo. En setembro de 1973 foi nomeado párroco de Castro de Rei, A Azúmara e Ramil, parroquias ás que se engadiron Goberno, Balmonte e Santa Locaia. Impulsou a restauración das igrexas destas parroquias, e a realización de obras comunitarias como reelectrificacións e concentracións parcelarias. Impartiu clases de relixión cando se abriu o colexio público “Ramón Falcón” de Castro de Rei e colaborou nas distintas actividades culturais e recreativas extraescolares. Dende 1985 formou parte do Equipo de Delegados de Catequese de Galicia e da Diocese de Mondoñedo, colaborando co uso normal do galego nas catequeses.

Foi concelleiro independente en Castro de Rei na primeira lexislatura democrática e un dos fundadores do desaparecido SILGA (Sindicato Independente Labrego Galego).

Colaborou no xornal El Progreso e na revista Irimia. Na radio colaboraba semanalmente con Cope de Lugo, Radio Nacional de España en Coruña, Radio Galega, Radio Principal de Vilalba e Monforte e Cope de Vilalba. En televisión tivo un programa semanal durante tres anos nos comezos da Televisión de Lugo. Presidiu unha comisión de impulso e normalización do uso do galego nas áreas de relixión, servizos sociais e inmigrantes creada pola Xunta de Galicia. Dirixiu varios grupos de teatro. Ten realizado múltiples actuacións de maxia ou ilusionismo, e foi animador e mestre de magos e "padriño" do Colectivo Máxico Waldemar de Lugo.

Obras No campo relixioso, foi guionista e director dos vídeos: Seguir a Xesús (1994) e Este é o meu Fillo.

Teatro Versión en galego de O menciñeiro á forza, de Molière (1971) Bo Nadal. Recobrou o sorriso o Eleuterio. Auto de Nadal. Dous vellos e unha soa soidade (en colaboración con Marica Campo). Vaise pechar outra casa máis (en colaboración con Xulio Pita). Unha noite de Ruada (con Samarita Canto).

Narrativa Parábolas Chairegas, 1981. Don Otto de viaxe pola chaira, 1994. Celestino Racamonde. Contrato nulo, 2002.

Premios Lucense do Ano en 1992, pola Asociación da Prensa. Fillo predilecto do concello de Castro de Rei, 2004. Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2011.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Concelleiros de Castro de Rei Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2017