Reinaldo Miguel Silva Ventura, nado en Vila Nova de Gaia o 26 de maio de 1978 é un xogador de hóckey a patíns portugués. Xoga como defensa, medio e dianteiro e o seu club actual é o OC Barcelos.
Traxectoria Xogou durante 26 tempadas no FC Porto, club co que conseguiu 13 ligas portuguesas (10 delas consecutivas entre as tempadas 2001/02 e 2010/11), 8 Copas de Portugal e 10 Supercopas. En 2015 deixou o club de Porto para xogar no OC Barcelos, onde estivo dúas tempadas e onde gañou dúas Copas CERS. Logou marchou a Italia, país no que competiu durante tres anos, primeiro no CGC Viareggio (dúas tempadas) e logo no GSH Trissino (durante a tempada 2019/20). En abril de 2020 volveu ao OC Barcelos aos seus 41 anos.
Selección nacional É un xogador habitual da selección portuguesa (coa que debutou en 1997). Co combinado luso gañou en 2003 o Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns. Capitaneou logo á selección que que quedou subcampioa nos Campionato de Europa de hóckey a patíns de 2008 e 2010, e terceira no de 2009 que se disputou nas cidades de Pontevedra e Vigo, e que conquistou as Copas das Nacións de 2009 e 2011. En 2012 deixou a selección, pero volveu en 2016, gañando ese ano o Campionato de Europa.
Equipos FC Porto: 1995-2015 OC Barcelos: 2015-2017 CGC Viareggio: 2017-2019 GSH Trissino: 2019-2020 OC Barcelos: 2020-actualidade
Palmarés FC Porto 13 Ligas Portuguesas: 1998–99, 1999–00, 2001–02, 2002–03, 2003–04, 2004–05, 2005–06, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10, 2010–11 e 2012–13 8 Copas de Portugal: 1995–96, 1997–98, 1998–99, 2004–05, 2005–06, 2007–08, 2008–09 e 2012–13 8 Supercopas de Portugal: 1996, 1998, 2000, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2011 e 2013 1 Copa CERS: 1995–96
OC Barcelos
2 Copas CERS: 2015–16, 2016–17
Portugal 1 Campionato do Mundo "A": 2003 1 Campionato de Europa: 2016 2 Copa das Nacións de Montreux: 2009 e 2011 1 Xogos Mundiais: 2001
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Estatísticas de Reinaldo Ventura Ficha de Reinaldo Ventura en mundook.net Reinaldo Ventura en hoqueipatins.cat
Ventura, Reinaldo Categoría:Nados no distrito do Porto