Vermudo III, tamén Veremundo ou Veremundus, nado ca. 1015 e finado o 4 de setembro de 1037, foi rei do Reino de Galicia e do Reino de León entre os anos 1028 e 1037. Como varios dos seus predecesores, levaba ás veces o título imperial: en 1030 aparece como regni imperii Ueremundo principis; en 1029/1032 como imperator domnus Veremudius en Gallecia; e en 1034 como regni imperii Veremundus rex Legionensis. Era un neno cando sucedeu ao seu pai. En 1034 foi expulsado do trono polo rei Sancho III, rei de Navarra, e refuxiouse coa nobreza galega. Regresou, pero foi derrotado e abatido loitando contra o seu cuñado Fernando I, na batalla de Tamarón.

Traxectoria Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III de Navarra.

Herdou o goberno de Galicia e León, con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. ., desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.

Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalaría e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León). esquerda|miniatura

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Lista de monarcas de León

Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 1037