José Guerrero Pérez, nado en Lugo o 8 de abril de 1935, é un empresario galego.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de emigrantes galegos retornados (os seus pais estiveran en Cuba de 1920 a 1932) e viviu na posguerra española. Con dez anos comezou a traballar e con 19 foi recrutado pola Mariña Española, como tripulante do buque escola Juan Sebastián de Elcano.
Licenciouse como mariño distinguido en manobra en 1956. Casou o 30 de novembro de 1957. Emigrou a Venezuela, onde comezou a traballar como peón para a compañía norteamericana Marsan de perfumes e cosmética. Anos máis tarde deveu xerente do grupo de empresas Marsan-Nortosur.
Compaxinou o traballo cos estudos de empresariais na Universidade Central de Venezuela.
Obra Bitácora de un emigrante gallego. Palibrio, 2011. ISBN 978-1-61764-932-5
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes