A Liga de Campións da CAF é a máxima competición continental de fútbol a nivel de clubs en África. O torneo é organizado pola CAF dende 1964, e o campión de cada edición acada o dereito a disputar a Copa Mundial de Clubs da FIFA. O actual campión é o equipo exipcio do Al-Ahly, que tamén é o equipo máis laureado do torneo, con 7 títulos.

Formato A competición ten 6 roldas, que teñen lugar entre xaneiro e novembro: Rolda preliminar Nesta rolda enfróntanse os equipos con peor clasificación nunha eliminatoria a ida e volta. O número de equipos que disputan esta rolda varía dun ano a outro. Os gañadores clasifícanse para a Primeira Rolda. Primeira rolda Esta rolda é a de dezaseisavos de final, e nela enfróntanse 32 equipos nunha eliminatoria a ida e volta. Os gañadores clasifícanse para a Segunda Rolda. Segunda rolda Nestes oitavos de final enfróntanse de novo a ida e volta os 16 gañadores da anterior eliminatoria. Os 8 equipos que superan esta rolda clasifícanse para a Fase de Grupos. Fase de grupos Os 8 equipos que superan a 2ª rolda divídense en 2 grupos. Cada grupo está formado por 4 equipos que disputan unha liga de 6 xornadas, na que cada equipo xoga fronte ós outros 3 equipos na casa e fora da casa. Os 2 mellores equipos de cada grupo clasifícanse para as Semifinais. Semifinais As semifinais consisten nunha eliminatoria a ida e volta na que o primeiro equipo de cada grupo enfróntase co segundo equipo do outro grupo. Os gañadores desta eliminatoria son os finalistas. Final A final da Liga de Campións da CAF é a dobre encontro, de xeito que o equipo local no encontro de volta sexa o mellor dos dous na fase de grupos. Posto acadado Recompensas económicasPara os ClubsPara as FederaciónsCampión 1 425 000 $ 75 000 $Finalista 950 000 $ 50 000 $Semifinalistas 665 000 $ 35 000 $3º de grupo 475 000 $ 25 000 $4º de grupo 380 000 $ 20 000 $

Palmarés FINAL 2013 Data Ida2 de novembroData Volta10 de novembroCampión Al-AhlyFinalista Orlando PiratesResultado 1-1 e 2-0

Finais da Liga de Campións da CAFTempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2013 Al-Ahly 1-1 e 2-0 Orlando Pirates FC 2012 Al-Ahly 1-1 e 2-1 Espérance ST 2011 Espérance ST 0-0 e 1-0 Wydad AC 2010 TP Mazembe 5-0 e 1-1 Espérance ST 2009 TP Mazembe 2-1 e 1-0 Heartland FC 2008 Al-Ahly 2-0 e 2-2 Cotonsport G 2007 Étoile du Sahel 0-0 e 3-1 Al-Ahly 2006 Al-Ahly 1-1 e 1-0 CS Sfaxien 2005 Al-Ahly 0-0 e 3-0 Étoile du Sahel 2004 Enyimba FC 1-2 e 2-1 (Pen.) Étoile du Sahel 2003 Enyimba FC 2-0 e 0-1 Ismaily SC 2002 Zamalek SC 0-0 e 1-0 Raja CA 2001 Al-Ahly 1-1 e 3-0 Mamelodi Sundowns 2000 Hearts of Oak 2-1 e 3-1 Espérance ST 1999 Raja CA 0-0 e 0-0 (Pen.) Espérance ST 1998 ASEC Mimosas 4-2 e 0-0 Dynamos FC 1997 Raja CA 0-1 e 1-0 (Pen.) Obuasi Goldfields 1996 Zamalek SC 1-2 e 2-1 (Pen.) Shooting Stars 1995 Orlando Pirates FC 2-2 e 1-0 ASEC Mimosas 1994 Espérance ST 0-0 e 3-1 Zamalek SC 1993 Zamalek SC 0-0 e 0-0 (Pen.) Asante Kotoko FC 1992 Wydad AC 2-0 e 0-0 Al-Hilal 1991 Club Africain 6-2 e 1-1 Villa SC 1990 JS Kabylie 1-0 e 0-1 (Pen.) Nkana FC 1989 Raja CA 1-0 e 0-1 (Pen.) MC Oran 1988 ES Sétif 0-1 e 4-0 Heartland FC 1987 Al-Ahly 0-0 e 0-2 Al-Hilal 1986 Zamalek SC 2-0 e 0-2 (Pen.) Africa Sports 1985 FAR Rabat 5-2 e 1-1 AS Dragons 1984 Zamalek SC 2-0 e 1-0 Shooting Stars 1983 Asante Kotoko FC 0-0 e 1-0 Al-Ahly 1982 Al-Ahly 3-0 e 1-1 Asante Kotoko FC 1981 JS Kabylie 4-0 e 1-0 AS Vita Club 1980 Canon Yaoundé 2-2 e 3-0 AS Dragons 1979 Union Douala 1-0 e 0-1 (Pen.) Hearts of Oak 1978 Canon Yaoundé 0-0 e 2-0 Hafia FC 1977 Hafia FC 3-2 e 1-0 Hearts of Oak 1976 MC Alger 0-3 e 3-0 (Pen.) Hafia FC 1975 Hafia FC 1-0 e 2-1 Enugu Rangers 1974 CARA Brazzaville 4-2 e 2-1 Ghazl El-Mahalla 1973 AS Vita Club 2-4 e 3-0 Asante Kotoko FC 1972 Hafia FC 4-2 e 3-2 Simba FC 1971 Canon Yaoundé 0-3, 2-0 e 1-0 Asante Kotoko FC 1970 Asante Kotoko FC 2-2 e 3-1 TP Mazembe 1969 Ismaily SC 2-2 e 3-1 TP Mazembe 1968 TP Mazembe 1-1 e 2-2 Étoile Filante 1967 TP Mazembe 1-1 e 2-2 Asante Kotoko FC 1966 Stade d'Abidjan 1-3 e 4-1 AS Real Bamako 1964 Oryx Douala 2-1 Stade Malien Os equipos exipcios Al-Ahly e Zamalek SC son os clubs máis laureaddos de África, con 8 e 5 títulos continentais. Séguelles o club congolés TP Mazembe con 4 títulos. Os campionatos nacionais de liga de Exipto, Camerún, Marrocos, Alxeria e Tunicia teñen 3 equipos campións cada un. Con 8 títulos: Al-Ahly Con 5 títulos: Zamalek SC Con 4 títulos: TP Mazembe Con 3 títulos: Raja CA, Canon Yaoundé e Hafia FC Con 2 títulos: Asante Kotoko FC, Enyimba FC, JS Kabylie e Espérance ST Con 1 títulos: Étoile du Sahel, Hearts of Oak, ASEC Mimosas, Orlando Pirates FC, Wydad AC, Club Africain, ES Sétif, FAR Rabat, Union Douala, MC Alger, CARA Brazzaville, AS Vita Club, Ismaily SC, Stade d'Abidjan e Oryx Douala

Véxase tamén Outros artigos Confédération Africaine de Football Copa Mundial de Clubs da FIFA Ligazóns externas Páxina oficial da CAF

Categoría:Competicións de fútbol