A bandeira nacional de Tanzania foi adoptada en 1964. Deriva da bandeira de Tanganica e da bandeira de Zanzíbar. A bandeira está dividida diagonalmente por unha banda negra con reberetes amarelos na esquina inferior. O triángulo superior é verde e o triángulo inferior, azul.
As cores da bandeira foron especificados polo departamento de Propostas e Privatización da oficina do Presidente da República Unida de Tanzania.
Cores Verde: representa a vexetación presente no país. Amarelo: representa os ricos depósitos minerais existentes no país. Negro: representa a cor da pel dos tanzanos. Azul: representa os numerosos lagos e ríos, así como ao océano Índico.
Bandeiras nas que se inspira
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Tanzania en Flags of the World
Categoría:Símbolos de Tanzania Tanzania Tanzania